Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Curtis

A Xunta investirá 1,3 millóns de euros en ampliar os talleres de FP do instituto de Curtis

O conselleiro de Educación, nunha visita ao instituto de Curtis
O conselleiro de Educación, nunha visita ao instituto de Curtis
Moncho Fuentes
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
LICEO-620X50

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 1,3 millóns de euros a obra de ampliación dos talleres de FP do Instituto de Curtis, que realizará a empresa Constructora Consvial. O prazo de execución da actuación, unha vez se inicien os traballos, é de doce meses. O obxectivo desta intervención da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP é ampliar os espazos do centro para a Formación Profesional e mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

No que atinxe á ampliación, demolerase a nave máis pequena de talleres de mecánica, situada ao fondo da parcela, para construír unha nova máis grande, de case 363 m². Isto permitirá unha distribución máis axeitada e eficiente dos espazos, ademais de gañar altura, explican. A envolvente do volume realizarase en dobre folla de ladrillo cerámico con illamento interior e completarase cun sistema de illamento térmico polo exterior, garantindo a integración co resto das edificacións e mellorando a eficiencia e o confort dos usuarios. As cubertas serán de panel metálico sándwich e policarbonato celular.

A nova nave estará anexa ao muro de contención de terras das pistas deportivas e accederase a ela mediante unha rampla de acceso na parte posterior, para aproveitar o espazo e mellorar así o fluxo circulatorio. Estará dotada de dous aseos e vestiarios adaptados, cabina de lacado, almacén e zona de taller.

A maiores, rehabilitarase o outro taller de mecánica, situado a carón do resto dos edificios do centro. En concreto, colocaranse novas placas de falso teito de paneis sándwich, que melloran a seguridade e o illamento térmico e acústico, e instalaranse novas fiestras de aluminio en substitución dos lucernarios actuais, co que entrará máis luz natural. No exterior renovaranse as carpinterías e colocarase un sistema de illamento térmico.

O programa da obra inclúe tamén melloras de eficiencia enerxética no edificio principal. Nel substituirase a iluminación convencional por 598 unidades LED en prol do aforro enerxético e dun mellor control da súa intensidade en función das necesidades de cada espazo. Tamén se reconfigurarán espazos na terceira planta para crear unha nova aula de plástica.

A maiores, cambiaranse as caldeiras de gasóleo por unhas de biomasa, reducindo a pegada ecolóxica do centro. Instalaranse no almacén existente no extremo esquerdo do edificio, adaptando a súa estrutura, e abastecerán o edificio principal, os talleres e o ximnasio cun sistema de calefacción centralizado e eficiente, explican dende o departamento autonómico.

Esta obra no IES de Curtis súmase á rehabilitación integral acometida neste centro en 2023, na que tamén se investiu preto dun millón de euros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina