Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

Barral destaca o “fito histórico” que para Betanzos significa a aprobación do PXOM

Vista de Beranzos, coas torres da igrexa de Santiago e de O Reloxo ao fondo
Arquivo El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesas, María Barral, valorou moi positivamente a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobada onte no pleno municipal, e definiuna como “un fito histórico para Betanzos”, ao tratarse do primeiro plan xeral da historia do municipio.

Barral destacou que o documento “supón unha oportunidade histórica para ordenar o crecemento da cidade das próximas décadas cun modelo sostible, equilibrado e adaptado á realidade actual de Betanzos”, deixando atrás unhas Normas Subsidiarias con máis de trinta anos de antigüidade.

A alcaldesa subliñou que o PXOM “é un bo plan para Betanzos porque combina desenvolvemento e protección”, lembrando que o 77 % do territorio municipal queda clasificado como solo rústico protexido, especialmente polas limitacións ambientais e de inundabilidade.

“O plan reforza a protección do patrimonio histórico, do Camiño Inglés, da Rede Natura, da Reserva da Biosfera e dos corredores ecolóxicos, ao tempo que aposta pola rehabilitación, pola mobilidade sostible, pola ampliación das zonas verdes e pola mellora das infraestruturas e dos servizos públicos”, indicou.

María Barral destacou tamén que o PXOM permitirá afrontar os retos demográficos e de acceso á vivenda, cunha previsión de 3.000 novas vivendas nas próximas décadas e coa reserva do 30 % da edificabilidade residencial para vivenda protexida, o que permitirá impulsar arredor de 300 vivendas de protección oficial.

A rexedora volveu a incidir ademais na aposta pola mobilización da vivenda baleira, coa previsión de facilitar a ocupación de máis de 450 inmobles actualmente desocupados no casco histórico, así como na creación de novos espazos dotacionais, administrativos, sociais e asistenciais. Tamén puxo en valor as melloras previstas en materia de mobilidade e conectividade, como a nova conexión entre as dúas marxes do río Mendo, os itinerarios peonís e ciclistas ou a ampliación dos paseos fluviais e das zonas verdes.

Barral agradeceu o apoio do Partido Popular e dos concelleiros non adscritos para sacar adiante o documento, “nun exercicio de responsabilidade e pensando no futuro de Betanzos”.

Aínda así, recoñeceu que lle tería gustado que o PXOM fose aprobado por unanimidade. Neste sentido, lamentou a posición do BNG e considerou “un erro político e unha falta de altura de miras” centrar toda a oposición ao plan na situación dunhas parcelas do Carregal, máis cando este partido é coñecedor da realidade que pasa porque o plan xeral “mellora claramente a situación actual desa zona e limita o seu desenvolvemento respecto ao que permitía a normativa vixente ata agora. Fixemos todo o posible, porque coincidimos no mesmo obxetivo, para dentro das normativas sectoriais e urbanísticas actuais restrinxir e ordenar ese ámbito e o BNG sábeo”, explicou.

Barral insistiu en que “non se pode perder de vista o conxunto e o interese xeral que ten o documento para Betanzos por unha cuestión concreta, cando ademais o plan introduce máis garantías, máis control urbanístico e máis protección das existentes actualmente”.

Respecto á posición do Partido Popular, a alcaldesa sinalou que “non foron quen de explicar por qué, según eles, é un mal plan”, algo que, ao seu xuízo, “reafirma precisamente todo o contrario: que estamos ante un bo PXOM para Betanzos”. 

Neste sentido, lembrou que durante a tramitación “o PP tivo tempo e mecanismos suficientes para formular propostas alternativas e non o fixo. 

Tivo tempo durante os dous anos antes da aprobación inicial para propoñer distintas cuestións e non presentou achegas relevantes; posteriormente tamén dispuxo do período de alegacións e tampouco rexistrou como partido político”. Para María Barral, “iso demostra que saben que é un bo plan, aínda que politicamente non o poidan recoñecer expresamente”.

A alcaldesa mostrou ademais a súa confianza en que a tramitación definitiva continúe avanzando segundo os prazos previstos e reiterou a previsión de que o PXOM poida quedar aprobado definitivamente este mesmo outono.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620