Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

María Pérez Iglesias, de Selgas, Premio 'Toda unha Vida' polos seus 31 anos de actividade comercial en Betanzos

selgas
María Pérez Iglesias, na primera fila, a segunda pola esquerda, con varias compañeiras de Acebe, da que é presidenta
Archivo El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Coa posta en marcha do IV Plan Municipal de Igualdade en 2023, o Goberno de María Barral puxo en marcha unha nova liña de acción, consistente en recoñecer a traxectoria dunha muller emprendedora con 25 ou máis anos de actividade en Betanzos.

O primeiro galardón entregouse a Consuelo Videla Porto, polo seu negocio Carnicería Chelo e o ano pasado, 2024, a Josefina Varela Mosquera, de La Tienda de Josefina. 

Este ano o premio será para María Pérez Iglesias, quen iniciou a súa andaina ao frente de Óptica Selgas en 1994 sendo a día de hoxe a muller en activo con máis anos ao fronte dun establecemento en Betanzos.

Licenciada en Farmacia e Óptica, é responsable da marca Selgas que tamén ofrece atención en parafarmacia e herboristería, e actualmente é a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe). 

Este distintivo, que se enmarca na campaña polo 25N, completa aos que se outorgan cada ano ás novas emprendedoras co gallo do 8M.

O Concello de Betanzos continúa así poñendo en valor o traballo das mulleres nos diferentes eidos da sociedade e visibilizando o seu apoderamento.

O acto de entrega desta distinción terá lugar no salón Azul do Edificio Liceo o vindeiro domingo, día 23, ás 12.00.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620