Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarca de Betanzos

Betanzos volve á Idade Media: maxia, orgullo, identidade e tres días de Feira Franca

Presentación Feira Franca Medieval de Betanzos 2026
Presentación Feira Franca Medieval de Betanzos 2026
Patricia G. Fraga
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Betanzos volverá viaxar á Idade Media. A XXVII Feira Franca Medieval converterá o casco histórico nun enorme escenario de recreación histórica, con arredor de 140 artesáns, espectáculos, música, teatro e actividades continuas durante tres días, desde o venres ata do domingo 12. 

Na presentación da axenda de actos, a alcaldesa, María Barral, definiu a cita como “unha celebración da nosa historia, do noso patrimonio e da nosa identidade como cidade”, coa reivindación de acontecementos que marcaron o devir de Betanzos. 

A rexedora destacou tamén o impacto turístico e económico dun evento que cualificou como “un dos referentes das feiras medievais de Galicia”. 

Esta edición, o Concello de Betanzos recibiu máis de 350 solicitudes para instalarse, aínda que só se atenderon 140. Barral explicou que a restricción responde ás características do casco histórico e, sobre todo, á seguridade que exige unha mostra que “debe ser moito máis que un mercado medieval”, afirmou, insistindo en que o obxectivo é ofrecer variedade e calidade, así como un correcto desenvolvemento do evento desde a mesma noite do venres, día 10.  Porque, aínda que valoraron un cambio ao coincidir co España-Bélxica, decidiron manter a apertura oficial, coa entrada do Señor de Andrade, para as 21.00. 

A pregoeira será Elena Díaz Blanco, directora da Escola Municipal de Folclore (EMuF), a quen con este nomeamento o Concello de Betanzos rende homenaxe polos seus corenta anos de implicación coa cultura das Mariñas. 

En canto ás escenas, volverán recrear a ‘Carreira de Bocois’, a ‘Batalla das Figueiras’, a ‘Revolución Irmandiña’ e a ‘Expulsión dos Leprosos’, ademáis do ‘aquelarre’, as danzas mouras, nobres e campesiñas e o torneo medieval a cabalo; espectáculos de lume e de cetraría, obradoiros e actividades infantís na contorna dos cantóns de Claudino Pita e de San Roque. 

O acto celebrouse na sala capitular da casa consistorial de Betanzos
O acto celebrouse na sala capitular da casa consistorial de Betanzos
Archivo El Ideal Gallego

A alcaldesa agradeceu o traballo dos empregados municipais, dos corpos de seguridade, dos servizos de emerxencias, do voluntariado e da veciñanza, que cada conseguen transformar nunha auténtica cidade medieval o centro histórico de Betanzos. 

Con todo, descartou ampliar o mercado ou trasladar recreacións porque “a seguridade ten que ser unha prioridade, e nunca pasa nada ata que pasa”, sinalou, defendendo manter as representacións no casco histórico e na García Irmáns. 

Barral aproveitou para reclamar unha resposta da Xunta ás solicitudes para declarar Ben de Interese Cultural tanto as Danzas Gremiais (Mariñeiros, Xastres, Labradores de Zapateiros) como o Globo de San Roque porque, ao seu xuízo, ambasa “merecen plenamente” ser BIC.

Claves

  1. A Feira Franca de Betanzos contará con 140 postos pese a ter recibido arredor de 350 solicitudes. As restriccións deben aplicarse por cuestión de seguridade.
  2. Tras a reunión da Xunta Local de Seguridade, a Policía Local e a Garda Civil volverán reforzar a súa presenza, no casco urbano e na contorna, e mesmo no casco vello.
  3. Barral agradeceu a colaboración das empresas que siguen apoiando esta cita, con mención especial aos patrocinadores: Gadisa, Coca-Cola e Estrella Galicia.
  4. A alcaldesa tivo palabras de recoñecemento para os veciños que se implican decorando as rúas, casas e negocios, e vestindo traxes de época.
  5. Na praza dos Irmáns García Naveira haberá un “punto violeta” para atender posibles agresións pero tamén para informarse ou realizar calquer consulta
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620