Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarca de Betanzos

O BNG de Betanzos alerta dos recortes no centro de saúde do Carregal durante o verán

Exterior do Centro de Saúde do Carregal
Exterior do Centro de Saúde do Carregal
Archivo El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O BNG de Betanzos fíxose eco do malestar das usuarias do centro de especialidades de Betanzos logo de se anunciar que non está garantida a realización dos controis de saúde ás crianzas maiores de 15 meses.

Segundo a súa voceira, Amelia Sánchez, “nos últimos días apareceu un cartel no servizo de Pediatría en que se anuncia que non se vai dar cobertura total ás ausencias do persoal durante o verán, polo que se priorizarán os controis de saúde dos nenos e nenas menores de 15 meses”.

Para as nacionalistas, esta cuestión deixa ver a falta de planificación e de investimento do Servizo Galego de Saúde, que non é quen de cubrir as vacacións do seu persoal e prefire deixar sen atención ás crianzas de Betanzos e da súa comarca.

Segundo o cartel, o resto dos controis para realizar entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderían ser pospostos até despois do verán. “O que fai o Sergas é crear un duplo problema: non só non garante o control de saúde da infancia de Betanzos durante o verán, senón que pospón eses controis e axuda a colapsar as consultas do outono, cando comezan a aparecer as enfermidades nos cativos”, indicaron desde o BNG.

As nacionalistas anunciaron iniciativas a nivel local e nacional para solucionar este problema.

Ademáis, según os nacionalistas a este feito únese á carencia de traballadora social no centro de especialidades de Betanzos. “Nas últimas semanas, as usuarias dos servizos de traballo social do centro de saúde alertáronnos da ausencia de persoal para este servizo. Polo que puidemos saber, a traballadora social estivo de baixa laboral e desde a Consellaría de Sanidade non se cubriu en tempo esta baixa, deixando de servizo ás numerosas persoas usuarias”, explica o BNG.

No BNG esíxenlle á Consellaría de Sanidade que cubra as baixas do persoal e que evite que estas situacións se repitan no futuro, máxime en servizos tan delicados como o de traballo social, en que son necesarios trámites continuos en prazos moi concretos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620