Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarca de Betanzos

O PSdeG traslada ao Parlamento de Galicia a situación dos autobuses de Miño e Betanzos-A Coruña

Los usuarios denuncian la saturación de muchos de los autobuses
Los usuarios denuncian la saturación de muchos de los autobuses
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

 O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña manifesta a súa “profunda preocupación ante a deterioración do servizo de transporte metropolitano en varias liñas clave da área coruñesa, especialmente Coruña-Betanzos e Miño-Betanzos, onde nos últimos días se rexistraron situacións de masificación extrema”.

Así o sinalou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, que afirmou que, segundo denuncian persoas usuarias, estas liñas están “peor que nos anos 70”, con frecuencias insuficientes e vehículos saturados en horas punta”.

“As imaxes difundidas por veciños e concellos, nas que se ven persoas tanto novas como maiores de  ou sentadas en escalóns, evidencian que se vulnera o dereito a unha mobilidade pública de calidade, segura e digna”, lamenta a socialista.

“É por isto polo que desde agora pedimos que haxa un aumento de frecuencias nas liñas, así como un análise técnico e social das modificacións que no ano 2020 se levaron a cabo e que están causando graves disfuncións”, avanzou.

Tamén reclamou seguridade dentro dos propios autobuses e un diálogo permanente cos concellos para identificar as necesidades e dar así un bo servizo a todos os veciños e veciñas”.

Dende o PSdeG-PSOE Provincial reclamarán tamén garantías de seguridade para o alumnado, especialmente nos traxectos escolares integrados en liñas regulares.

“O transporte público metropolitano debe ser unha ferramenta de cohesión social, equidade territorial e sustentabilidade, non unha fonte de frustración e risco”, indica Longueira. “Galicia non pode permitirse que persoas maiores e novas viaxen en condicións indignas por falta de planificación e vontade política”, engade.

“O PSOE reitera o seu compromiso cunha mobilidade pública segura, accesible e eficiente, e ponse ao dispor dos municipios afectados para canalizar as súas demandas ante as institucións competentes”, apuntou tamén a parlamentaria socialista.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista trasladarán formalmente á Xunta as imaxes rexistradas nestas liñas como proba do incumprimento de estándares mínimos de calidade e seguridade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620