A Xunta impulsa un plan de reactivación para que a cultura continúe de xeito seguro

A Xunta impulsa un plan de reactivación para que a cultura continúe de xeito seguro
Valentín García e Anxo M. Lourenzo, secretarios xerais de Política Lingüística e Cultura, inciden no fomento da promoción no marco de Culturgal, onde onte actuou Susana Seivane

A Xunta de Galicia está a ser, a pesar dos efectos negativos da pandemia, un garante para a recuperación do sector cultural, en todos os seus campos, nuns momentos de extrema dificultade. Deste xeito, desde o Goberno galego estase a traballar unha programación  para que a cultura continúe adiante de xeito seguro, un aspecto fundamental para axudar a un sector do que viven actualmente uns 30.000 profesionais en Galicia e, por suposto, para incentivar o consumo cultural.

Ante as circunstancias derivadas da Covid-19, Galicia foi a primeira comunidade en poner en marcha un plan de recuperación específico, do que xa están en marcha o 95 por cento das iniciativas e que permitirá que se teñan realizado neste ano 4.500 accións. Todo elo sen esquecer que a actividade cultural impulsada pola Xunta reforzarse en 2021 con 94 millóns de euros, o que supón un incremento do 27,4 por cento.

A posta en marcha do Plan demostra que a Xunta coñece as dificultades polas que atravesan os sectores culturais e este apoio ao sector tamén se plasma nos novos orzamentos, de tal xeito que Goberno autonómico destinará en 2021 máis de 94 millóns de euros para a cultura de Galicia, o que supón 20 millóns de euros máis que o ano anterior, e un increment do 27,4%.

O traballo xa feito é o resultado da anticipación da Xunta, xa no mes de abril, ante a situación de especial vulnerabilidade á que estaba exposta a cultura. Así, púxose en marcha un Plan de Reactivación do sector cultural específico que conta cun investimento total de 26,4 millóns de euros e que permitiu que durante todo este ano se teñan realizado arredor de 4.500 iniciativas ao abeiro deste Plan.

É unha folla de ruta froito do diálogo constante da Xunta de Galicia cos distintos axentes do sector coa intención de salvar o emprego e manter a industria cultural galega, favorecer que a xente poida seguir gozando da cultura, mediante o impulso da actividade, fomentar a creatividade e a produción cultural e reforzar as estruturas de programación e distribución.

Este plan está estruturado en 4 eixos. O primeiro deles céntrase na industria cultural galega e inclúe axudas para o libro, o sector audiovisual, as artes escénicas, as artes plásticas e o sector da música. Englóbanse neste eixo o programa Cultura no Camiño que, a pesar da pandemia, celebrou o maior número de funcións desde que se puxo en marcha esta iniciativa. En total foron 410 espectáculos de danza, teatro, maxia, música e novo circo en 133 concellos.

Tamén se inclúen os 50 concertos gravados no marco da proposta Galicia Emerxe, que converteu a Cidade da Cultura nun plató de televisión coa participación de artistas e grupos musicales de moi diferentes estilos. Entre os participantes había músicos da provincia de Pontevedra como Budiño, Eladio y Los Seres Queridos ou Presumido.  Ademais, tamén se apoiaron producións audiovisuais como Ons, que deu o pistoletazo de saída na edición do Culturgal 2020.

O segundo eixo recolle medidas para o mantemento do emprego cultural en Galicia. Neste eido recóllese a reprogramación da rede de dispositivos culturais da Xunta de Galicia no ámbito escénico. Así, modificouse a normativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios para contribuír á reprogramación do maior número posible de actuacións en máis de 40 escenarios galegos: total de 493 funcións.   

Tamén se recolle neste segundo eixo o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que conta cunha dotación de 2,5M€ e que impulsou algunhas das actividades presentes na edición deste ano de Culturgal como a acción escénica Sofia Unipersonal, a obra Chegar a Galicia, chegar ao mundo, o espectáculo Ópera Break’s ou os concertos de Luar na Lubre e Susana Seivane.

O terceiro eixo céntrase na prioridade da Xunta de fomentar o consumo cultural de xeito seguro cunha campaña de sensibilización que acaba de iniciar e coa que anima a participar na programación cultural realizada polas industrias creativas galegas tanto de xeito presencial como a distancia e a agasallar cultura este Nadal.

O último dos eixos incide na necesidade de formación, profesionalización e mellora da competitividade coa posta en marcha dun servizo de asesoramento e consultoría en liña e un plan de formación que contempla programas e boslas en materia cultural.

A Xunta impulsa un plan de reactivación para que a cultura continúe de xeito seguro

Te puede interesar