Valencia e Navarra únense ao protocolo de colaboración en política lingüística

Valencia e Navarra únense ao protocolo de colaboración en política lingüística
GRA178. SANTIAGO DE COMPOSTELA, 04/04/2017.- El secretario general de Política Lingüística, Valentín García (3i), junto a los responsables en esta materia de Navarra, Mikel Arregui (i); Cataluña, Ester Franquesa (2i

A colaboración institucional subscrita ata agora polos gobernos galego, vasco, catalán e balear reforzarase coa incorporación de Navarrao e Valencia ao Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, logo da solicitude de adhesión presentada por eles e a aceptación dos membros actuais na reunión da comisión de seguimento en Santiago de Compostela de onte á mañá. 
Con estas adhesións, Xunta de Galicia, Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco), Generalitat de Cataluña, Govern de les Illes Balears, Nafarroako Gobernua (Gobierno de Navarra) e Generalitat Valenciana “inician unha nova etapa na defensa coordinada dos intereses do multilingüismo e na promoción conxunta do uso das súas linguas cooficiais”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O responsable de Política Lingüística, acompañado polos seus homólogos catalán, vasco, navarro e valenciano, Ester Franquesa, Miren Dobaran, Mikel Arregui e Rubén Trenzano, respectivamente, deu unha rolda de prensa na que informou das principais liñas de acción en prol da coordinación de esforzos na defensa dos intereses do multilingüismo no Estado e mais en Europa, así como do intercambio de experiencias relativas ás diversas áreas de traballo dos procesos de normalización das linguas propias no marco da devandita colaboración.

Proxectos comúns
De entre os varios temas de interese para as políticas de promoción das linguas oficiais abordados na xuntanza, cómpre destacar o vindeiro informe de seguimento do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, as liñas de actuación dos gobernos na Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD) e o plan de traballo para o ano en curso no marco do protocolo (a concesión do Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado ou o convenio co Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación para o recoñecemento mutuo das probas de acreditación de competencias para o exercicio da profesión de tradutor xurado e intérprete).
Para alén dos asuntos incluídos na orde do día, os diferentes gobernos tiveron oportunidade de poñer en común algúns dos proxectos nos que están a traballar como son os plans de dinamización lingüística do galego na economía e na xuventude, o novo sistema de indicadores do éuscaro, os traballos de adaptación do sistema de acreditación das linguas propias en Valencia e en Navarra ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas ou o Informe de política lingüística de Cataluña do ano 2016.

Cooperación e promoción
A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais os departamentos homólogos de Cataluña e Euskadi, manteñen un diálogo permanente no tocante á promoción das respectivas linguas propias no marco dunha participación conxunta en diversas iniciativas.
Xunto con Navarra e Valencia, participan tamén na NPLD, proxecto no que levan a cabo diferentes accións conxuntas que redundan na promoción do uso das linguas propias no mapa de ruta europeo para a diversidade lingüística. 

Similitudes culturais
Ester Franquesa, por parte de Cataluña, sinalou que lle alegra “especialmente” o caso de Valencia, dado que xunto á incorporación de Baleares a lingua catalá ten “a representación correspondente” no seo do protocolo.
Do mesmo xeito manifestouse Miren Dobaran, representante do Goberno de Euskadi, no caso de Navarra, destacando o seu traballo no “traballo de normalización e uso do eúscaro no territorio”.
No caso de Valencia, Rubén Trenzano agradeceu “aos gobernos fundadores” do protocolo a aceptación da súa incorporación, un mecanismo “de suma importancia” para a protección e reafirmación de España como “Estado plurilingüe”. O obxectivo do seu Goberno que ata agora estivo “á marxe das boas prácticas” impulsadas neste ámbito, é o de “abrir as portas” a estas “maneiras de facer” para “enriquecer” tanto á sociedade valenciana,máis cercana a Baleares e Cataluña, como á totalidade do Estado.l

Valencia e Navarra únense ao protocolo de colaboración en política lingüística

Te puede interesar