Reportaxe | Monelos reivindica a súa vocación audiovisual cunha semana de cine

Reportaxe | Monelos reivindica a súa vocación audiovisual cunha semana de cine
10 diciembre 2016 página 36 A Coruña.- Ángeles Huerta retrata las entrañas de la ciudad en la exposición Esquece Monelos

Por ser un viveiro de talentos audiovisuais, o IES Monelos non quere pasar a data do seu cincuenta aniversario sen facer antes un guiño a esta característica que o define e que, en parte, ten que ver cun profesor chamado Luis Vázquez De Sancho, que transmitiu aos chavales a súa debilidade pola arte de darlle a un botón vermello e facer maxia. 

Por el e por figuras que hoxe triunfan alén dos Pirineos como Óliver Laxe e que estudaron nas súas aulas, o centro instaura a semana que vén a primeira Semana do Audiovisual. Conta o profesor de Imaxe, Antón Orosa, que todo empezou pensando nos alumnos que pasaron por Monelos. Foi así como lembraron ao mestre que “na súa época tiña os cines Valle-Inclán e que traballou moito con eles” para sacarlle punta a súa impronta. De todo aquelo que se xerou en clase, a actividade proxectará o martes, de 10.30 a 12.10 horas, a curtametraxe “El examen”, feita polos estudantes de Vázquez nos anos 90, “que non ten moito valor en si, pero nela vese o difícil que era a montaxe con video VHS”. 


Ademais, exhibirán “Defrit” onde un mozo Óliver Laxe fai de voz en off para promocionar unha publicación “Defrit” que facían entre institutos de Alemania, España, Francia, Rumanía e Italia. O luns, a semana inaugurarase ás 10.30 horas con “Emotio”, dun valor novo como Beatriz Aldana, que foi quen de chegar ata escritoras como Rosa Montero e Elvira Lindo, que contan o que lles leva a crear, a chispa que salta das súas cabezas. O profesor sinala que a autora que ocupou pupitre no instituto chegou cun traballo anterior, “Sonido Pamplona”, ao festival Dock of The Bay e que está facendo un mestrado en Ciencias da Educación. En “Emotio” están ela soa e súa idea. 

O martes pola tarde, seguirá ás 18.00 horas a homenaxe a De Sancho coa longametraxe que dirixiu “El contrato”, que será aberta ao público. Xa o mércores, o centro pasará “Esquece Monelos”, que rasca na memoria do barrio. O xoves presentarase ás 10.30 horas outra obra dun exalumno, Andrés Sanjurjo, que se foi a estudiar a Chile e é axudante de dirección de Óliver Laxe “sei que estivo na última dos incendios que rodou nos Ancares”. Os que introduce, “O baile dos redeiros” e “Notas para un autorretrato fílmico”, son de corte experimental, segundo Orosa. Aparte da optativa de Imaxe que atiza esta faceta creativa, Orosa cre que nesta zona flúe algo especial que potenciou Luis Vázquez e os seguintes. Aínda que a intención é que estivese Laxe nas xornadas, resúltalle imposible porque está en Montpellier, pero sempre “estivo moi agradecido, á hora de falar dos anos de instituto e como influíron na súa carreira”. Dáballe clase De Sancho e con el comezou a facer cine dun xeito máis complicado, pero sacando a pasear as ideas, que continúan sendo a base do pastel.

Reportaxe | Monelos reivindica a súa vocación audiovisual cunha semana de cine

Te puede interesar