O Consello da Cultura Galega celebra o seu 30 aniversario adaptado aos tempos

O Consello da Cultura Galega celebra o seu 30 aniversario adaptado aos tempos
jesús vázquez, samuel juárez, pilar rojo, alberto núñez feijóo y ramón villares, onte no acto de aniversario

O Consello da Cultura Galega celebrou onte o seu 30 aniversario con unha significativa parte das institucións galegas, presente nesta conmemoración. Ramón Villares, presidente do CCG, resaltou a gran diversidade de liñas de acción do Consello, reivindicando a memoria do Seminario de Estudos Galegos e a súa capacidade para conciliar todas as disciplinas do coñecemento como fonte de inspiración para o CCG.
Para Villares, o CCG debe ser unha institución máis baseada “no facer que no ser”, e polo tanto, con gran capacidade de iniciativa e de servir de vínculos entre a sociedade e as súas institucións. Villares destacou a gran capilaridade cultural da cultura galega pero sinalou que “precisa unha presenza institucional”.
O presidente do CCG destacou que o “nacemento do CCG mana das mesmas fontes nas que nace o río da autonomía”, pero adaptándose aos tempos.

Preservar os valores
“A idea de preservar os valores culturais do pobo galego foi desenvolvida”, sinalou Villares, quen salientou a proximidade ao sector da cultura como un dos retos: “o sector demanda máis confianza no porvir”.
No acto participaron tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo. Feijóo destacou un dos proxectos dixitais do CCG, os Roteiros da Cultura, como unha expresión do vínculo da cultura galega co territorio, e destacou que a cultura galega está ao día nas novas tecnoloxías grazas “aos proxectos do Consello”.
Pilar Rojo felicitou ao CCG por “explorar novos espazos para a cultura galega día tras día”.  Os membros do Plenario do CCG estiveron acompañados por unha destacada representación das institucións e entidades culturais de Galicia e pola interpretación ao piano de Brais González.

Vivencias
Tres persoeiros da cultura galega vinculados en diferentes momentos ao Plenario do Consello da Cultura Galega contaron as súas vivencias e reflexións ao redor do CCG e a súa constitución.  
“O Consello responde a unha Galicia moderna e complexa”, afirmou Víctor F. Freixanes, quen reflexionou sobre as relacións entre o poder político e o Consello da Cultura Galega: “Algunhas veces a súa independencia non sempre foi entendida”.
“A súa creación foi motivo de orgullo e esperanza do pobo galego”, destacou Helena Villar, quen sinalou como unha das principais achegas do CCG “a estensión do concepto de cultura a novos ámbitos”.
Domingo Docampo sinalou o interese do CCG en conciliar a cultura científica e a humanística no seo da institución.
Durante o evento proxectouse un extracto do documental 30 anos imaxinando país, realizado polo director mozo Toño Chouza coa produción e a dirección de proxecto dos técnicos do Consello da Cultura Galega.
O documental narra os obxectivos e funcionamento do CCG, explora os amplos fondos preservados nos seus arquivos e  indaga o seu futuro.

O Consello da Cultura Galega celebra o seu 30 aniversario adaptado aos tempos

Te puede interesar