O catálogo galego de árbores senlleiras busca conservar o patrimonio natural

O catálogo galego de árbores senlleiras busca conservar o patrimonio natural

Con independencia das medidas establecidas para a protección de especies ou unidades taxonómicas como tales, a conservación da nosa biodiversidade vexetal pasa tamén pola protección daqueles exemplares concretos ou rodais de árbores que polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.
Estes exemplares singulares representan un valioso legado e un valor natural na medida en que se trata de elementos que subsistiron aos rigores dos tempos ou que contan cunhas particularidades especiais.
A día de hoxe o catálodo de árbores protexidas galegas está conformado por 146 especies; 50 en Pontevedra, 42 na Coruña, 35 en Lugo e 19 en Ourense. Así mesmo, na lista figuran tamén 31 formacións distribuidas pola comunidade galega do seguinte xeito: 13 na provincia coruñesa, 9 na pontevedresa, 7 en Ourense e dúas en Lugo.
Na comunidade galega destacan os carballos, os castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, palmeras, sequoias ou alciprestes.

Protección
A Xunta de Galicia deu un importante paso na protección deste particular patrimonio natural coa creación e regulación do Catálogo galego de árbores senlleiras coa finalidade de protexelas de posibles riscos e ameazas, garantindo así a súa conservación.
Polo tanto, terán consideración de senlleiras as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.
Estas árbores son centenarias, teñen unhas dimensións de récord, medran en lugares inéditos ou simplemente foron testemuña de algún feito histórico ou cultural relevante.
Un dos criterios utilizados á hora de avaliar o carácter monumental dos exemplares propostos, son os dendrométricos, biolóxicos, estéticos, históricos e tradicionais e de situación.
Os criterios dendrométricos son indicadores como o grosor á altura normal (1,30 m), a altura total, a altura do fuste, o perímetro de tronco ou o diámetro de copa e a idade. Os criterios biolóxicos e ecolóxicos indican o grao de rareza na bisbarra, se está ou non presente no límite da súa distribución natural, se presenta un porte non propio da especie, se está presente nun hábitat excepcional ou se pertence a un conxunto excepcional de árbores.
Os criterios estéticos son indicadores como a beleza de porte do exemplar ou a súa coloración. No referente a criterios históricos e tradicionais (criterios culturais), algúns dos indicadores utilizados neste punto son se o exemplar está ou non asociado a un feito histórico ou cultural ou se está situado nun edificio histórico. Por último, os criterios de situación son se pertence a unha paisaxe sobresaínte ou ben se está localizado nun lugar non habitual.

O catálogo galego de árbores senlleiras busca conservar o patrimonio natural

Te puede interesar