Augas de Galicia apoia o manifesto internacional da auga respecto dos produtos non aptos para desbotar polo inodoro

Augas de Galicia apoia o manifesto internacional da auga respecto dos produtos non aptos para desbotar polo inodoro

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, xunto con outras administracións, colaboran activamente na busca de solucións que resolvan de xeito efectivo o problema xerado polas toalliñas e produtos similares nos servizos municipais de saneamento e depuración. 
Por esta razón, Augas de Galicia vén de unirse a outras administracións e operadoras destes servizos, no seguinte manifesto internacional:
“Declaración sobre a posición do sector internacional da auga respecto aos produtos non aptos para desbotar polo inodoro e aqueles etiquetados como aptos:
Para evitar os problemas medioambientais e económicos provocados por obstrucións e dano nos equipos das redes de sumidoiros e estacións depuradoras, as organizacións e entidades operadoras de augas residuais que firman esta declaración acordan que:
- Polo inodoro só se deben desbotar a urina, fedes e papel hixiénico (as 3 “Ps” do inglés: Pee, Poo and –toilet– paper).
- Actualmente, todas as toalliñas e produtos de hixiene persoal deben estar claramente etiquetados como “Non tirar ao inodoro” e ser desbotados na papeleira ou lixo.
- As toalliñas e produtos etiquetados como “Aptos para tirar polo inodoro” baseados nunha guía de recomendacións das asociacións de fabricantes deben ser etiquetados como “Non tirar polo inodoro” hasta que se acorde un estándar técnico co sector da auga.
- Os fabricantes de toalliñas e produtos de hixiene persoal deberían proporcionar aos consumidores información clara e concisa sobre os métodos de descarte apropiados.
- Mirando ao futuro, as novas innovacións en materiais poderán facer posible que algúns produtos sexan etiquetados como “Aptos para tirar polo inodoro” unha vez cumpran un estándar técnico que se teña desenvolvido e acordado co sector da auga. Este estándar debería elaborarse preferiblemente no marco da Organización Internacional de Estandarización (ISO).
- Os requirimentos clave para calquera futuro estándar inclúen que o produto:
a) se fragmente en anacos rapidamente
b) non flote
c) non conteña plástico ou celulosa rexeneradas e solo conteña materiais que se degraden facilmente nunha variedade de contornas naturais”.

negocio en auxe
O uso das toalliñas húmidas é un negocio cada vez máis importante e por tanto a súa comercialización, lonxe de reducirse, parece que irá en ascenso. 
Nos últimos anos as empresas fabricantes deste tipo de produtos intentaron facilitar o uso dos mesmos, en moitos casos sinalando como vantaxe competitiva fronte a outras marcas, a biodegrabilidade das súas marcas ou a posibilidade de desbotar as toalliñas polo váter. 
Non obstante, estas supostas vantaxes (biodegrabilidade e posibilidade de desfeito polo váter) en xeral non está contrastadas co comportamento real deste tipo de residuos e os problemas que producen, pese a que nos envases destes produtos se aluda a elas de forma explícita e clara. 
Estas condutas promovidas, pola propia industria están a orixinar importantes problemas de atascos nas redes de saneamento e outras deficiencias na depuración, que creceron exponencialmente nos últimos anos, tal como se constata de xeito habitual nos propios medios de comunicación.

sensibilización 
É por isto que a Administración Hidráulica de Galicia súmase agora a outras administracións e empresas xestoras de saneamentos no compromiso de colaborar na elaboración de estándares para o etiquetado destes produtos e na sensibilización cidadán sobre este tema. 
Respecto a esta labor de sensibilización, a Consellería de Medio Ambiente vén de iniciar, con motivo do día mundial do saneamento –que se conmemora hoxe, día 19 de novembro-, unha campaña para trasladar á cidadanía a necesidade de desbotar este tipo de residuos na papeleiras.
A vertedura destes produtos de hixiene persoal polo váter, provocan importantes atascos nas tubaxes, con graves incidencias tamén nas depuradoras o que supón un alto sobrecuste na explotación destas infraestruturas, e que se produzan importantes vertidos contaminantes ao medio hídrico. 
As toalliñas poden incluso chegar ao mar, o que se traduce nun importante foco de contaminación mariña. n

Augas de Galicia apoia o manifesto internacional da auga respecto dos produtos non aptos para desbotar polo inodoro

Te puede interesar