A Xunta convida á poboación a facer máis exercicio co plan Galicia Saudable

A Xunta convida á poboación a facer máis exercicio co plan Galicia Saudable
md9 madrid, 27/11/2011.- fotografía general de algunos de los participantes que han asistido hoy a la xxxii edición de la carrera de canillejas en el momento de la salida en la calle hermanos garcía noblejas de madrid. efe/juan carlos

A Secretaría Xeral para o Deporte, departamento dependente da Presidencia da Xunta, propúxose recetar a actividade física como “a gran vacina do século XXI”. Para iso, pon en marcha un plan transversal, co horizonte do ano 2020, para fomentar a actividade física, mediante a implicación de diversos axentes nunha rede de actores institucionais e sociais.

Unha das accións deste plan para fomentar un estilo de vida activo entre os galegos foi a activación do Portal Galicia Saudable e da aplicación GaliciaActiva, nas cales estará dispoñible un inventario detallado das instalacións, actividades e servizos que existen en Galicia para a práctica regular de actividade física.

Vinteoito concellos sumáronse a iniciativa e xestionase a adhesión doutro medio centenar

Ademais, nos concellos que se adhiran, crearanse unidades de promoción do exercicio, coa finalidade de “incorporar á dieta a actividade física”. Á espera da presentación do plan Galicia Saudable o próximo mes de abril, vinteoito municipios xa se adheriron e xa se xestiona a suma doutro medio centenar, pero tamén se buscará a implicación doutros axentes como os médicos de cabeceira ou os profesores porque, tal e como recordan os responsables do proxecto, “a solución é de todos”.

 

Estrutura básica > Na liña das principais recomendacións das organizacións máis relevantes en todo o mundo, o plan Galicia Saudable comezou a traballar na estrutura que permitirá facer un deseño realista. Para elo conta cunha rede de actores formada por expertos das tres universidades galegas e cunha comisión interdepartamental da Xunta que garanten o seu enfoque intersectorial e integral. No traballo participan tamén outras entidades, institucións e organizacións.

Os encargados do plan considran imprescindible que tanto o comité de expertos do plan Galicia Saudable e a comisión interdepartamental, coma as institucións e organizacións galegas, participen na redacción do plan Director de Galicia Saudable, establecendo a folla de ruta do seudesenvolvemento 2011-2015 cun horizonte a 2020, de maneira conxunta.

Ademais estanse a xerar unha serie de proxectos e ferramentas para o uso compartido dos actores, que serán os que fagan efectivo o traslado e implantación efectiva do plan no territorio.

Para que o plan provoque cambios importantes e duradeiros na vida dos galegos, os seus responsables consideran imprescindible contar coa participación dos diferentes actores sociais con capacidade de influír sobre o estilo de vida sedentario actual e que supón unha das máis importantes causas de varias enfermedades.

Por iso preténdese construír unha alianza estratéxica con aqueles actores institucionais e comunitarios con maior chegada á cidadanía.

 

Obxectivo > O obxectivo prioritario do plan Galicia Saudable, aprobado no Parlamento de Galicia o 27 de decembro, é crear as condicións necesarias para que a poboación galega goce dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.

O 63% dos galegos non realiza suficiente actividade física. Ser activo aumenta o risco de padecer hipertensión, colesterol, cancro ou diabetes e de morrer prematuramente. Ademais, case a metade dos nenos galegos dedica máis de dúas horas ao día a ver a televisión. Os nenos inactivos teñen máis risco de enfermar, render peor na escola e son menos sociables. Máis do 54% dos galegos padece sobrepeso ou obesidade e a inactividade física inflúe no aumento da porcentaxe de graxa corporal.

 

A Xunta convida á poboación a facer máis exercicio co plan Galicia Saudable

Te puede interesar