Betanzos entrega o distintivo muller emprendedora “Toda unha vida” a Josefa Varela Mosquera

Betanzos entrega o distintivo muller emprendedora “Toda unha vida” a Josefa Varela Mosquera

Coa posta en marcha do IV Plan de Igualdade municipal no ano 2023, o Concello de Betanzos puxo en marcha unha nova liña de acción, consistente en recoñecer a traxectoria dunha muller emprendedora con 25 ou máis anos de actividade dentro do municipio.

 

O primeiro galardón entegouse o ano pasado a Consuelo Videla Porto, polo seu negocio Carnicería Chelo.

Nesta segunda edición a agraciada é Josefa Varela Mosquera, quen iniciou a súa andaina como autónoma no ano 1986 ao fronte dunha floristería, e continúa exercendo a día de hoxe a súa profesión neste sector, nas dependencias do Supermercado Eroski.

Thumbnail PHOTO 2024 11 30 10 46 36 (1)

 

La Tienda de Josefina é, xunto co resto de floristerías betanceiras, un deses negocios de proximidade que dinamiza o comercio local e achega a arte floral a algúns dos momentos máis especiais da vida. Este distintivo, que se enmarca na campaña polo 25 de novembro, completa aos que se outorgan cada ano ás novas emprendedoras co gallo do 8 de marzo.

 

A alcaldesa, María Barral, recordou no acto que Josefina Varela é a muller que ten a licenza municipal máis antiga de Betanzos e, que por tanto, “é a decana da mulleres emprendedores”. En marzo de 1986, “tivo a valentía de comezar un negocio que non tiña tradición familiar no corazón do centro histórico” e desde entón leva anos “enchendo Betanzos de cor, de flores, de alegría, con traballo e humildade”.

 

Thumbnail PHOTO 2024 11 30 10 46 35 (2)

 

Indicou que a entrega do distinto de muller emprendedora este ano, a nivel persoal, era especial tamén para ella porque “a ninguén escapa que Josefina non só é a muller emprendedora, senón que tamén é a miña nai e non o vou a obviar”. Explicou que cando hai unhas semanas, a técnica de igualdade díxolle que a súa proposta técnica era que o premio fose para Josefina “encolleuseme o corazón e pensei o orgullo que sentía por unha banda e a preocupación, non por min senón por ela, polo que podería pasar e que dalgunha forma pasou”.

 

Thumbnail PHOTO 2024 11 30 10 46 36

 

“Nestes días houbo quen escudándose na ética considerou que a pesar de que técnicamente era merecedora desta homenaxe non tería que recibila. Unha das máximas desde a perspectiva ética é considerar a todas as persoas igualmente dignas con independencia da súa orixe, raza, xénero e relacións afectivas ou familiares. Con esa perspectiva ética, con esa perspetiva humana, pídoche que che achegues porque para min como alcaldesa e como filla é un enorme orgullo facerche entrega deste distintivo de muller emprendedora a toda unha vida 2024 porque técnicamente merécelo e porque éticamente é o xusto”, sentenciou a alcaldesa antes de entregar o premio.

Betanzos entrega o distintivo muller emprendedora “Toda unha vida” a Josefa Varela Mosquera

Te puede interesar