Tres anos de vertixe mudando unha cidade

Seguramente hai que remontarse moi atrás no tempo para atopar unha época en Europa na que en só tres ano mudaran tantas cousas. No ano 2019 non había ninguén capaz de intuír sequera o xiro nas nosas vidas que o guionista das nosas vidas lle ía dar a unha trama que semellaba encarrilada a un plácido final. A crise do 2008 e os seus efectos quedaban por fin atrás e todos os indicadores apuntaban a unha Europa cun crecemento sostible, unha Europa que recuperaba a idea de progreso, un progreso que semellaba terse enredado nun labirinto de difícil saída. Ninguén podía prever, cando os cidadáns acudían ás urnas a votar nas municipais de maio do 19, que dun día para outro íanse desencadear tres anos de vertixe, tres anos que ían centrifugar o mundo que coñecíamos con todas as súas certezas, tres anos de ían culminar cunha lúgubre imaxe do noso continente que moitos dabamos por enterrada en 1945. Neses 36 meses houbo, igualmente, que gobernar, co reto engadido de esquivar as moitas rompentes.


Ese reto asumiuno desde o 2019 na Coruña Inés Rey. Sería absurdo facer un balance deste tempo como si nada tivese acontecido. Houbo mil problemas impostos polas circunstancias aos que houbo que darlle solución. Nestes anos de incertidume, anos que incitaban ao repliegue, A Coruña camiñou cada adiante. Tres anos despois da investidura de Inés Rey a cidade ten recuperado símbolos importantes da súa identidade sen deixar de medrar nin de xerar actividade económica. Malia dificultade dos tempos, os coruñeses están hoxe máis orgullosos da súa cidade, unha cidade mellor, unha cidade referente do Norte de España que bule de actividade e que é xa un destino escollido por milleiros de visitantes que saben que teñen aquí moito que ver. Podería facer un listado de investimentos públicos, de novos servizos, de fondos públicos acadados para a cidade por este executivo (en España, só Madrid supera a A Coruña en investimentos europeos).


Mais prefiro quedarme cunha sensación, a de quen se se vai dar unha volta por Méndez Núñez desde a Rosaleda ata o Copacabana por uns xardíns coidados con mimo, de quen escoita de novo as campás de María Pita e de volta a casa colle o bus na praza de Ourense coas luces cálidas e o arrecendo do renovado quiosco ás súas costas. A sensación de quen recoñece con orgullo, de novo, a súa cidade. A luz do progreso ao final do túnel que se albiscaba no 19 aínda non brilla en Europa coa mesma intensidade, mais na Coruña temos esa luz un pouco máis cerca despois de tres anos camiñando cara a cidade que queremos.

Tres anos de vertixe mudando unha cidade

Te puede interesar