Nando Lestón, en Bonoble

A sala Bomoble ofrece a mostra “Pequenos asuntos sin importancia e unha tortuga” de Nando Lestón (Carnota, 1966), un artista innato e plurifacético que sempre está a indagar en novas formas expresivas. Formado na Escola Mestre Mateo de Santiago, onde tivo a sorte de contar coas ensinanzas do gran artista Julio Sanjurjo, a súa inspiración abriuse en abano a todo tipo de suxerencias e materiais , pero gardando sempre unha conexión con Galicia e, sobre todo, coas súas raíces na Costa da Morte. Entre as obras súas que merecen mencionarse están a colección “Segunda pel” composta por un conxunto de árbores queimadas do Monte Pindo que transformou por medio da cor; o mural para o Aquarium Finisterrae da Coruña; a escultura “MAN” que serve de recepción aos visitantes da Costa da Morte; e o mural de cincuenta metros que fixo, por encargo da Xunta, para o porto de Lira en Carnota que representa as Luces do Camiño xacobeo. Nesta súa cuarta mostra en Bomoble utiliza asuntos de actualidade como as pateras e o cambio climático e persoaxes famosos como Clint Easwood ou Batman, para nos achegar unha problemática que semella enquistada. Utilizando ese noso proverbial sentido do humor e cun extraordinario dominio do debuxo fainos un relato que desmitifica herois ou pon en cuestión os cánones da beleza, como queda patente na obra “ Perlita”,na que fai unha paráfrase da famosa obra “A rapaza da perla”de Vermeer de Delft, á que presenta sobre un liso fondo de negra soedade co rostro deformado en caricatura de comic. En “Patera glamur” ironiza sobre o drama dos desplazados, pero faino dun xeito amable por medio dunha fermosa rapaciña que navega aparentemente feliz nun flotador hinchable, só que, baixo este, as augas espésanse en negros turbións , como unha ameaza. Na obra “Clint e Batman” enfronta a estes dous tipos”duros” establecendo entre eles un diálogo que os infantiliza; Clint de pé, nuha das súas clásicas aparicións de duro, está a fumar un pito e Batman, fronte a él, apoucado, dille: “Dame unha chupada”. “É de chiculate”-contesta Clint. E Batman dille””Anque sexa”. En “Gorila” establece un dramático contrapunto entre a situación de desamparo dun emigrante que vive na rúa e o aspecto de enorme gorila co que se disfraza; o que fala ,en realidade, da torta visión con que a sociedade rica contempla a este pobres seres que,– como dí o seu cartel–, “Non teñen patria e buscan asilo”; un recipiente con tres pequeños patiños,a carón do pobre gorila, fai máis tremendo o contraste, ao tempo que nos leva a reflexionar que a verdadeira felicidade reside, a miúdo, nas cousas pequenas. Pequena é a escultura “Tortuga” que representa unha estreita illa que é un paraíso para o miúdo animal.Toda a obra, nítidamente plantexada, en espazos abertos e lisos, coas cores reducidas adrede a dous ou tres tonalidades, agocha o patetismo das mensaxes debaixo dos escorzos do humor, para nos mostrar –como di Lestón– que “a humanidade non se entende ou non hai quen a entenda.”

Nando Lestón, en Bonoble

Te puede interesar