Desvergonza fiscal

o nivel de cinismo fiscal adoptado pola dereita española alcanzou un novo récord a semana pasada. Mentras cunha man o Partido Popular, dende os gobernos das Comunidades Autónomas, pide ao Estado máis financiación coa outra decide que os millonarios das súas comunidades non paguen o imposto de patrimonio. Son os mesmos actores que se opoñen ao imposto aos beneficios extraordinarios das grandes compañías en tempos de incertidume e en plena guerra de Ucraína. Mentras, reciben fondos de Estado, como xa pasou en Galicia no caso do fondo Covid para reforzar a sanidade, e desvíanos a outros fins. Onde están os 159 millóns de euros destinados polo goberno do Estado a reforzar a sanidade e que según o consello de Contas non se adicaron a ese fin?

Que a primeira medida fiscal adoptada por Moreno Bonilla en Andalucía e por Rueda en Galicia sexa unha rebaixa impositiva ás rendas superiores ao millón de euros deixa ben claro cal é a crúa realidade e para quen traballa ese partido. É o mesmo partido que xa se opuxo á reforma laboral en favor dos traballadores, á suba do salario mínimo, ás medidas de axuda fronte ás alzas de prezos e a tantos outros avances sociais deseñados para atender ás capas máis febles da sociedade, un amplo sector da poboación que, queda ben claro, ao PP lle trae sen coidado. A política fiscal, ao final, é como aquela proba do algodón do anuncio: para que saia limpo é preciso que o que se di e o que se fai, concorden. O algodón sae ben negro en Galicia e Andalucía, porque os que din sentir unha fonda preocupación polos cidadáns máis débiles, lexislan con urxencia para axudar aos máis fortes. Nestes tempos de incertidume e carestía, os populares, por fin, sacan a careta. O máis urxente para eles xa o deixaron claro: axudar aos máis ricos a pagar menos impostos, o que supón que as autonomías onde gobernan ingresarán menos. Non pasa nada, esa redución de ingresos sempre se pode asumir (como acontece en Galicia desde hai anos) á costa da sanidade ou da educación públicas, ámbitos ambos de escaso interese para determinados colectivos que non precisan de tales servizos. Confortar ao confortado e aflixir ao aflixido. Ese é o resumo da política fiscal do Partido Popular. Poden dicir o que queiran, mais o algodón non engana.

 

Desvergonza fiscal

Te puede interesar