Xustiza impulsa a construción, mellora e rehabilitación de novas sedes xudiciais

Xustiza impulsa a construción, mellora e rehabilitación de novas sedes xudiciais
23 mayo 2017 A Coruña.- La Marea levanta su bloqueo a que la sede judicial se traslade a Tabacos

A mellora da acción xudial pasa tamén polo impulso da modernización das infraestruturas. Así opina a Xunta e esa é a razón pola que aprobou a pasada lexislatura o Plan de Infraestruturas, que comprendía actuacións de rehabilitación, ampliación ou nova construción de edificios xudiciais e obras de mantemento e mellora nos actuais edificios de xulgados.
Deste xeito, destacan accións como a rehabilitación da Fábrica de Tabacos da Coruña para uso xudicial, ou a nova sede para o Rexistro Civil na cidade herculina, para a que tamén se rehabilitou un antigo edificio. En canto ás novas construcións, nesta planificación encádranse  os novos edificios xudiciais de Santiago e Ourense ou a nova sede do Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución de Vigo. Ademais, tamén se realizaron obras de rehabilitación nas sedes xudiciais de Betanzos, A Coruña, Ferrol, Lugo, Celanova, Carballiño e na Fiscalía de Vigo, e acometéronse traballos de climatización nos edificios de de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Proxectos deste ano
Para este ano 2017, os proxectos máis destacables están en Pontevedra, Vigo e Tui, así como en Santiago, onde, malia non estar prevista inicialmente a obra no Plan de Infraestruturas, realizarase a reforma da Fiscalía.
O novo edificio xudicial da Parda en Pontevedra viu como os atrasos no proceso expropiatorio dos terreos –e a conseguinte posta a disposición da Xunta– motivaron que ata agosto do pasado ano non se puideran comezar as obras de construción. Porén, na actualidade xa se levaron a cabo a excavacións, os traballos en escollera e as cimentacións, así como as drenaxes da parcela. 
No que atinxe á Cidade da Xustiza de Vigo, a Xunta veu consignando dende 2010 varias anualidades do orzamento, pero o Concello olívico non puxo a disposición os terreos precisos. Ante esta situación, a Administración autonómica decidiuse por modificar o proxecto e rehabilitar o antigo edificio do Hospital Xeral como nova sede. Así, o pasado ano, a Xunta convocou e adxudicou un concurso de ideas para a reforma do espazo como paso inicial para a posterior obra.
A día de hoxe no antigo centro sanitario xa se están a executar as obras correspondentes á primeira fase, que implican a demolición dos espazos e elementos construtivos non necesarios. En paralelo estase a realizar a o proxecto de execución da segunda fase desta reforma, que, segundo a Xunta, será licitada de maneira inmediata e unha vez que dito proxecto estea finalizado. 
Pola súa banda, de cara a dotar a Tui dun novo edificio xudicial, xa se realizou unha auditoría sobre o edificio, que permitiu determinar cales son as actuacións precisas de cara a rehabilitar o edificio e dar resposta aos requirimentos dos órganos xudiciais que nel se instalarán. Ademais, están en elaboración o proxecto básico e de execución das obras correspondentes e, logo de que se finalice a elaboración deste proxecto, procederase dunha maneira inmediata á licitación das obras, co obxectivo de que estas reformas poidan estar finalizadas a finais do ano 2018.

Adaptación
Por outro lado, e malia que non era unha obra prevista no Plan de Infraestruturas, Xustiza tamén tivo claro que unha planificación deste ámbito tiña que dar proba de dinamismo e capacidade de adaptaión, polo que tamén levará a cabo as obras na Fiscalía de Santiago de Compostela.
Finalmente, dende o departamento autonómico separaron unha partida orzamentaria de 360.000 euros de investimento destinada á realización de obras menores de acondicionamento en distintas obras.

Xustiza impulsa a construción, mellora e rehabilitación de novas sedes xudiciais

Te puede interesar