A Xunta moderniza a Xustiza e avanza cara o expediente xudicial electrónico

A Xunta moderniza a Xustiza e avanza cara o expediente xudicial electrónico
Galicia foi pioneira en España na posta en marcha da Sede Xudicial Electrónica | aec

As ferramentas electrónicas son unha realidade que se está a impoñer cada día na sociedade, e a Xunta non é allea a elas. De feito, está a botar man de las de cara a modernizar a Administración de Xustiza. Así, o Executivo galego está a realizar un verdeiro esforzo de cara a implementar este tipo de utilidades e tamén co obxectivo de avanzar cara o expediente xudicial electrónico.
O Plan Senda foi o primeiro modelo co que a Xunta iniciou a súa aposta pola dixitalización xudicial. Era 2009 a través dun investimento de 23 millóns de euros realizáronse actuacións que se foron desenvolvendo ata 2014. Na actualidade estase a levar a cabo o denominado Plan Senda 2020, aprobado no 2015, e que conta cun orzamento de 26 millóns de euros. O obxectivo desta nova planificación é a de continuar a implantación efectiva do Expediente Xudicial Electrónico, que en Galicia xa ten todas as súas pezas en marcha.

Instrumentos
Deste xeito, a Xustiza galega conta co denominado Visor do Expediente Xudicial Electrónico, que lles permite aos profesionais da Administración de Xustiza acceder desde calquera dispositivo á información dos expedientes xudiciais en formato electrónico.
Tamén está en marcha a sinatura dixital, mediante a que se poden asinar sentenzas e documentos online coa mesma validez que en papel. Xa é unha realidad para máis de 650 usuarios, entre xuíces, letrados, fiscais, forenses e funcionarios de seis órganos xudiciais. Ademais, a previsión é extendelo agora a dez órganos máis. Desde xeito, ademais dos seis pilotos iniciais (o Xulgado de Instancia número 12 da Coruña, o de Instrución número 4 tamén da Coruña, a Sección 1ª da Audiencia Provincial, o xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, o de Instancia número 11 de Vigo e o de Instrucción número 4 de Vigo),  en setembro incorporaranse outros trece órganos máis.
Outra das características que xa están en marcha permite que máis do 80% das salas de vistas galegas contan cun sistema de gravación de vista e sinatura dixital, co cal se poden incorporar as gravacións dos xuízos ao expediente xudicial electrónico. Neste aspecto, ademais, Galicia liderou a evolución deste sistema.
Xustiza tamén implantou unha rede de videoconferencias, que se ampliará este ano co obxectivo de acadar todos os partidos xudiciais que non dispoñían destes dispositivos e tamén de reforzar aqueles que rexistren máis intensidade de uso, segundo se acordou na última Comisión Mixta de Xustiza no Parlamento.

Emprego
En canto aos postos de traballo, en 2016 realizouse a renovación de 390 prazas e entre xaneiro-xuño deste ano tamén se abordou unha segunda fase de renovación que chegou aos 1.100 postos. A terceira fase, que comeza agora, suporá a renovación doutras 90 prazas laborais.
O Plan Senda tamén permitiu a posta en marcha do denominado Sistema de Xestión de Arquivos físicos e pezas de convicción. Grazas a el pódese localizar calquera expediente en papel en calquera sede xudicial e tamén se poden identificar e xestionar os bens incautados nun procedemento xudicial.

Pioneira
Galicia foi a primeira Comunidade española en poñer en marcha a Sede Xudicial Electrónica, que é accesible a través do portal eXustiza. Esta páxina web permítelles aos cidadáns consultar online información relativa aos procedementos que se poderán presentar en sede e tamén permite a presentación de procedementos monitorios ou o acceso seguro dos profesionais ao estado no que se atopan os procesos xudiciais nos que son parte. Este mesmo ano Xustiza ten previsto incorporar novas funcionalidades a este ámbito.
Outra parte do Expediente Xudicial Electrónico son o que compoñen as comunicacións telemáticas entre os diferentes axentes xudiciais, que se xestionan a través de Lexnet No que vai de ano realizáronse 3,5 millóns de comunicacións electrónicas. Por provincias, A Coruña foi a que máis realizou con 1.674.858, seguida de Pontevedra (1.393.842), Lugo (437.316) e Ourense (374.913). l

A Xunta moderniza a Xustiza e avanza cara o expediente xudicial electrónico

Te puede interesar