A Xunta dá conta do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais

A Xunta dá conta do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais
O secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valent’n Garc’a, reunirase co comitŽ de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

A Xunta deu conta onte do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (Celrm) no relativo á promoción do uso da lingua galega. Fíxoo durante a xuntanza institucional que mantivo pola mañá na Cidade da Cultura o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, cos membros do comité de expertos da Celrm, desprazados á nosa comunidade autónoma con motivo da elaboración do cuarto informe de seguimento, que abranguerá o período 2009-2011.
Participaron na reunión, en representación da Celrm, Gabor Kardos, Fernando Ramallo e Marieke Sanders-Ten Holte, acompañados por Alexander Bartling, da Secretaría da Celrm. No marco da xuntanza institucional, García Gómez respondeu as cuestións formuladas polo organismo europeo no tocante ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego no período 2009-2011, ampliando así os datos do cuarto informe que España elaborou sobre o cumprimento da Celrm e que lle remitiu á Comisión Europea en xullo de 2012.

cooperación
A Dirección General de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial y Administración Pública foi o departamento estatal encargado de elaborar o informe final que lle servirá de base ao comité de Expertos da Celrm para valorar o cumprimento dela en España.
O secretario xeral tamén expuxo as principais liñas de actuación que ten arestora en marcha a Administración autonómica no tocante á promoción da lingua propia de Galicia e á súa normalización nos principais ámbitos sociais, como son a administración, a xustiza e a educación.
A Celrm, elaborada no seo do Consello de Europa, é un instrumento deseñado, por unha banda, para protexer e promover as linguas rexionais e minoritarias (arredor de 45 en toda a UE) como parte que son da herdanza cultural de Europa, e, pola outra, para axudar a crear as condicións idóneas para que os falantes destas linguas (uns 40 millóns de europeos) as poidan usar na súa vida privada e pública. A Celrm abrangue as linguas rexionais e minoritarias, as linguas sen territorio e as oficiais menos usadas.
A Celrm proponse como principal obxectivo que os estados se animen a aplicala a todas as linguas minoritarias que existan dentro do seu territorio e recolle unha serie de medidas concretas que se deseñaron para facilitar e animar a usar as linguas rexionais e minoritarias na vida pública. Non abrangue aquelas linguas que chegaron a Europa tras os recentes movementos migratorios nin tampouco os dialectos das linguas oficiais.
O Consello de Europa observa a aplicación da Celrm por medio de informes periódicos dos Estados, do traballo do Comité de Expertos e os seus informes, as recomendacións ditadas polo Comité de Ministros e polo control da Asemblea Parlamentaria. Os Estados teñen que remitir con carácter trianual os seus informes ao Consello de Europa a partir do primeiro informe dentro do ano seguinte ao da ratificación da CELRM, cuxo exame lle compete ao Comité de Expertos.

recomendacións
A Celrm, en vigor desde o 1 de marzo de 1998, regula mecanismos para controlar e para avaliar a súa aplicación e poder realizar recomendacións, se for necesario, para mellorar a lexislación, as políticas e as prácticas en materia lingüística.
España subscribiu a Celrm o 5 de novembro de 1995 e ratificouna o 9 de abril de 2001, ano no que entrou en vigor. Os estados que ratificaron a Celrm teñen a obriga de remitir con carácter trianual o seu informe periódico. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, remitiulle o seu informe á Dirección General de Cooperación Autonómica en xullo de 2014.
Pola súa banda, o Goberno presentoulle ao Consello de Europa o seu informe o 9 de maio de 2014, coas actuacións levadas a cabo en materia de política lingüística desde 2008 a 2011. n

A Xunta dá conta do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais

Te puede interesar