Valentín García destaca que o uso do galego e rendible para as empresas

Valentín García destaca que o uso do galego e rendible para as empresas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu onte Carballo, ante un auditorio ateigado, o curso de verán sobre dinamización lingüística. “Traballando en lingua”. O responsable autonómico presentou  durante a sua intervención o Plan de dinamización no tecido económico 2015-2020.
O curso está promovido pola Universidade da Coruña e polo departamento que el mesmo dirixe. Nel analizaranse durante dous días a situación do idioma no sector socioeconómico, os motivos desa situación e mais os factores condicionantes que a provocan e que poden ser tamén claves para mellorala.
Na sua ponencia, o secretario xeral destacou que “o económico, por relevancia social, constitúe un sector de vital importancia para a promoción do uso da lingua galega e é por iso polo que desde o Goberno galego instamos a unha aposta conxunta e decidida pola implantación do idioma na economía, como valor económico, como sinal identitario e como patrimonio de todos os galegos e galegas. Por este motivo, debemos concienciar as empresas de que o uso da lingua galega é rendible en termos económicos, xera empatía cos consumidores e favorece a cordialidade”. 
O responsable da política lingüística da Administración autonómica explicou polo miúdo o contido do novo plan, que aprobará o Consello da Xunta –órgano encargado de sancionalo- este mesmo mes, “e que articula un total de 84 medidas que incidirán no incremento do uso do galego e na súa visibilidade desde as 10 áreas que contempla o sector de aquí ao ano 2020”; “un cronograma de desenvolvemento e un amplo abano de medidas e accións que debemos considerar realistas e asumibles polos actores implicados desde o punto de vista da súa posta en marcha”, puntualizou.
O Plan de dinamización lingüística no sector económico 2015-2020 fundaméntase nas directrices establecidas polo Plan xeral de normalización da lingua galega (2004) que, para o sector cuarto (Economía), establece como obxectivos específicos crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais; e fomentar nos consumidores o hábito de usaren e reclamaren a atención comercial en galego.
O contido deste primeiro plan sectorial para promover o uso do idioma na economía articúlase en 84 medidas. O obxectivo común a todas elas pasa por reforzar e aumentar a presenza do galego no sector da economía, non só para ampliar os lazos comerciais das empresas galegas, senón tamén para xerar un efecto multiplicador na sociedade.
De entre as accións que prevé a súa posta en marcha, cómpre destacar aquelas centradas na promoción do galego no ámbito da responsabilidade social empresarial a formación lingüística de profesionais ou a creación dun punto de información en materia de lingua destinado ás empresas.

Valentín García destaca que o uso do galego e rendible para as empresas

Te puede interesar