Xulgan o exalcalde de Mondariz por un suposto delito de prevaricación relacionado cunha subvenció

A Audiencia Provincial de Pontevedra acolle este martes 24 de maio, ás 10,15 horas, o xuízo contra o exalcalde de Mondariz, Xullo Alén Montes, por un suposto delito de prevaricación e falsidade.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o exrexedor popular de Mondariz será xulgado por solicitar, cando aínda era alcalde, unha subvención malia coñecer que o proxecto presentado para iso "non se axustaba á realidade existente nin aos labores que se ían realizar".

De igual modo, xúlgase o arquitecto técnico municipal por executar o encargo de dirixir as obras, malia "ter completo coñecemento de que o proxecto que se executaba non se axustaba á realidade e que as obras realizadas eran distintas das proxectadas", segundo o escrito de cualificación da Fiscalía.

Por iso, o Ministerio Fiscal solicita para o alcalde no momento dos feitos a pena de "inhabilitación para emprego ou cargo público durante sete anos". Mentres, para o arquitecto pide "tres anos e medio de prisión, multa e inhabilitación".

En concreto, dito caso procede do Xulgado de Instrución nº1 de Ponteareas (Pontevedra).

Xulgan o exalcalde de Mondariz por un suposto delito de prevaricación relacionado cunha subvenció

Te puede interesar