Unha muller foi trasladada na noite do sábado a un centro sanitario despois de declararse un pequeno lume na súa vivenda no municipio de Padrón (A Coruña), ao sufrir unha crise nerviosa.
O incendio afectou a unhas lámpadas halóxenas instaladas na cociña e puido ser sufocado por particulares coa axuda dunha mangueira. Un deles contactó co 112 Galicia ás 00,00 horas deste diomingo para solicitar que os efectivos de emerxencias acudisen ao domicilio a verificar que non había ningún risco.
O persoal do CAE 112 informou da situación aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Padrón. Tamén se alertou a Urxencias Sanitarias e á Policía Local.
Os efectivos mobilizados comprobaron que a situación estaba normalizada, segundo informou o 112 Galicia. Pola súa banda, os profesionais sanitarios trasladaron a muller a un centro hospitalario.