Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rueda acusa ó Goberno de mentir sobre a condonación da débeda

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cargou este venres contra o Goberno central polo acordo de condonación da débeda, ao acusalo de estar rodeado de “mentiras”, e reiterou que Galicia “sairá perdendo”.

En declaracións á prensa durante a súa visita a unhas instalacións gandeiras en no municipio lucense de Quiroga que resultaron afectadas polos incendios, Rueda lembrou que a propia ministra de Facenda, María Jesús Montero, asegurou o ano pasado durante unha visita a Lugo que esta medida “non se ía a facer” e que sería “un disparate”. “Esa foi a primeira mentira, porque agora si haberá condonación”, afirmou o presidente da Xunta.

Tamén negou que Galicia vaia a saír beneficiada, como sostén o Executivo. “Todos os cálculos dinnos que cada galego pasará a deber 250 euros máis do que debe actualmente”, advertiu.

O mandatario galego subliñou ademais que, segundo o pactado, os fondos obtidos deberán destinarse exclusivamente a amortizar débeda: “Non imos dispoñer de máis diñeiro para servizos sociais, sanidade ou a loita contra os incendios”.

Rueda falou mesmo dunha “cuarta mentira”. “Dixeron que non habería cota para Cataluña, pero haberao. Financiarase con cargo ao sistema común e os intereses da súa débeda tamén teremos que pagalos entre todos”, reprochou.

“Negocio ruinoso”

Tamén falou do “negocio ruinoso” da condonación de débeda, que pasará a asumila o Estado, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, quen estimou que cada galego pasará a deber 225 euros máis que antes.

“Só cabe unha pregunta: ata cando o BNG e o PSdeG van seguir enganando aos galegos naquíta da débeda? Supón un evidente desprezo ás políticas responsables do Goberno galego, premiando a quen malgastou os seus recursos en cuestións que non se podían permitir”, aseverou nunha rolda de prensa no Parlamento galego.

Así, Pazos pediu a nacionalistas e socialistas que “deixen de mentir” cando afirman que a medida suporá que a Xunta terá “máis diñeiro para investir en gasto social”. “Só responde os compromisos asumidos co independentismo catalán para conseguir o seu apoio na investidura”, advertiu, para demandar ao BNG que “deixe de ser o parvo útil” do independentismo catalán.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620