Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Renfe destaca o récord de viaxeiros no corredor Galicia-Castela e León-Madrid ao reordenar o servizo

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara

A nova oferta comercial de Renfe no corredor Galicia-Castela e León-Madrid rexistrou “cifras de récord” cun crecemento xeneralizado de viaxes no primeiro mes desde a posta en marcha da reorganización destes servizos o pasado 9 de xuño.

En Castela e León o incremento de viaxeiros foi do 46% en Zamora, do 25% en Medina del Campo en traxectos de Alta Velocidade a Alta Velocidade (AV/AV) e do 10% en Sanabria AV/AV, con respecto ao mesmo período do pasado ano 2024, segundo destacou a empresa de transporte ferroviario a través dun comunicado de prensa.

A este respecto, Renfe explicou que a estrea de máis trens S106 e máis oferta de prazas xunto ao reforzo dos AVLO no territorio e o recorte de tempos de viaxe supuxeron un aumento de viaxeiros tanto en Galicia como en Castela e León e a Comunidade de Madrid. Entre o 9 de xuño e o 8 de xullo de 2025, Renfe rexistrou un crecemento significativo do número de viaxes en todas as estacións do corredor en comparación co mesmo período do ano anterior, e alcanzou “cifras récord” de viaxeiros.

De feito, o pasado 7 de xullo alcanzou o seu máximo histórico: un total de 13.114 viaxeiros. Pola súa banda, o número de viaxeiros semanais, pola súa banda, mantívose de forma sostida por encima dos 75.000 usuarios ao longo do primeiro mes, o que representa, tamén, outro récord para este corredor ferroviario.

Alza de pasaxeiros

O número de pasaxeiros en Zamora creceu no primeiro mes un 46% (ata os 33.119 viaxeiros) respecto a os valores de 2024; Medina del Campo AV/AV mellorou un 25% (2.775); Sanabria AV/AV, un 10% (1.819); e Segovia-Guiomar, un 1% (17.263).

O incremento da demanda coa nova oferta comercial, que tivo en consideración a mobilidade de todo o corredor, tanto en Galicia como en Castela e León e Madrid, tamén experimentou un aumento notable no resto de paradas.

A Coruña obtivo o maior incremento no número de viaxeiros de todo o corredor cun total de 67.223, un 97% máis. En Santiago de Compostela o aumento foi do 85% (94.511 viaxeiros) mentres que en Vigo-Urzáiz foi do 61% (38.803).

A estación de A Gudiña-Porta Galicia creceu nun 57% (preto de 4.000), mentres que Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, un 46% (máis de 7.500) e un 37% (23.331), respectivamente; e Ourense, pola súa banda, contabilizou unha subida do 14% (94.952).

Madrid Chamartín-Clara Campoamor foi a, pola súa banda,  estación con maior número de desprazamentos en termos absolutos, cun total de 264.289; o que supón un incremento do 49%. Renfe, co obxectivo de responder o aumento da demanda e mellorar a conectividade territorial, implementou o pasado día 9 de xuño esta nova oferta comercial dentro do plan de ampliación do servizo que conecta estas tres comunidades.

Actualización

Esta actualización inclúe once  circulacións por sentido en días laborables, así como melloras nas conexións, en liña coas necesidades actuais dos viaxeiros.

A estrea de máis trens de tipoloxía S106 e a maior oferta de prazas xunto ao reforzo dos trens AVLO no territorio e o recorte de tempos de duración da viaxe, son factores que supuxeron un aumento de usuarios en todo o corredor ferroviario no prazo de tempo de tan só un mes.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara