A rehabilitación da casa consistorial de Baralla custará 150.000 euros

 A rehabilitación da casa consistorial do municipio lugués de Baralla, para arranxar os estragos provocados polo artefacto explosivo colocado a principios de mes e atribuído ao grupo terrorista Resistencia Galega, suporá un investimento próximo aos 150.000 euros.

O alcalde, Manuel González (PP), confirmou á EFE que onte mantivo unha reunión co arquitecto municipal, quen lle presentou o seu informe definitivo sobre os danos ocasionados na casa consistorial pola deflagración que rebentou a planta baixa do edificio e provocou danos na fachada.

Segundo ese informe, o arranxo dos danos suporá a execución de obras por un importe próximo aos 150.000 euros, xa que a bomba non provocou danos estruturais graves que obriguen a demoler parte da casa consistorial.

No martes da semana que vén, o rexedor local reunirase co consorcio de seguros para pechar o orzamento e solicitar un anticipo para iniciar canto antes os traballos de arranxo, que poderían comezar a principios de novembro. EFE.

1011162

A rehabilitación da casa consistorial de Baralla custará 150.000 euros

Te puede interesar