Unha rede de asesores mellorará a competitividade do campo galego

Unha rede de asesores mellorará a competitividade do campo galego
22 mayo 2017 Betanzos.- El "aniversario" de la Feira das Flores de O Tres atrae a cientos de visitantes Las plantas y los caballos se convirtieron en "estrellas" de una cita que, como cada año, atrajo cientos de personas hasta el lugar de O Tres,

Completar unha rede de asesoramento que permita incrementar a competitividade do campo galego e a industria agroalimentaria. Ese é o obxectivo da nova aposta da Consellería do Medio Rural. Esta pasa por financiar unha serie de cursos de formación de cara a que un conxunto de expertos se convirtan nos profesionais aos que acudir de cara a mellorar a industria agraria galega.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez destinará a este obxectivo preto de 200.000 euros ata o ano 2020, co fin de chegar a un total de 150 asesores a través de 44 cursos formativos.
Deste xeito, os módulos obrigatorios aos que deberán acudir os futuros asesores da rede son “O meu perfil como asesor” e “Comunicación e construción de relacións no asesoramento”. Ademais, tamén se establecen unha serie de módulos opcionais: “Xestión de proxectos”, “Organización de procesos de asesoramento”, “Xestión do cambio”, “Adestramento da moderación no asesoramento”, “Planificación e realización de eventos”, “Asesoramento e apoio a grupos e equipos” e “Fundamentos de mediación”.
Todos estes cursos realizaranse e impartiranse na Universidade de Santiago, xa sexa no campus compostelán ou ben no de Lugo, segundo a demanda teña unha maior incidencia.

De feito, a primeira actividade deste tipo –neste mes de marzo realizáronse catro cursos, tres dos correspondentes aos módulos obrigatorios e outro ao de “Fundamentos da mediación”– contou coa presenza da propia conselleira do Medio Rural o pasado 6 de marzo en Lugo, canda a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

Asesoramento de calidade
Durante o encontro cos futuros asesores, Vázquez destacou que por motivos como o envellecemento da poboación galega, o asesoramento de calidade a titulares e traballadores de explotacións agrarias constitúe un aspecto fundamental para conseguir un crecemento sostido e sostible da actividade que permita a mellora da competitividade das explotacións. Así, a conselleira do Medio Rural tamén quixo deixar claro neste primeiro dos cursos que a mellora non debe estar só no campo do agro, senón tamén nos ámbitos sociolaboral e medioambiental, polo que a formación nas habilidades comunicativas “constitúe unha peza clave para a mellora da competitividade do sector agroalimentario”.

En total serán 44 cursos os que se realizarán de aquí ao ano 2020 para formar uns 150 asesores. A vindeira quenda será o 11 e 12 e o 25 e 26 de maio, para seguir no 26 e 27 e 29 e 30 de xuño; o 6 e 7 e 20 e 21 de xullo; o 19 e 20 e 26 e 27 de outubro e rematar este ano co 9 e 10 e 23 e 24 de novembro.
Xa en 2019 realizaranse tres cursos no mes de marzo, dous en maio, xuño, xullo, outubro e novembro e outros tres en decembro. Mentres, para 2020 están programadas tres quendas en marzo e novembro, dúas en maio, xuño, xullo e outubro e unha en decembro.

Unha rede de asesores mellorará a competitividade do campo galego

Te puede interesar