Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O presidente da Deputación da Coruña reclama a “gratuidade canto antes” da autoestrada AP-9

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou a “gratuidade” da AP-9, á vez que sinalou que “o rescate hai que asumilo desde a rigorosidade”. Preguntado sobre este asunto este venres nun acto na Coruña, Formoso insistiu en que “o importante é a gratuidade canto antes”.

O presidente socialista sinalou que “o rescate da autoestrada tamén é importante”, pero insistiu en que “non pode ser á conta dos petos dos cidadáns”. O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, propuxo eliminar “peaxes inxustas”.

Declaración final

Pola súa banda, o secretario xeral do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), José Ramón Gómez Besteiro, considerou que a posible declaración final da ilegalidade da prórroga da concesión da AP-9 até o vindeiro ano 2049 concedida polo Goberno presidido por José María Aznar “facilitará o rescate da autoestrada”.

Gómez Besteiro pronunciouse deste xeito nunha comparecencia conxunta xunto ao presidente da Generalitat de Cataluña, Salvador Illa, este venres en Santiago de Compostela e ao ser preguntado polo ditame da Comisión Europea que considera ilegal a prórroga da concesión outorgada polo Goberno do Partido Popular no ano 2000.

Respecto diso, aínda que considerou que esta posición “facilitará o rescate”, o lider dos socialistas galegos apelou a “non desviarse do camiño da gratuidade” das peaxes da AP-9 e a AP-53 iniciado polo Goberno socialista de Pedro Sánchez, para os que entrega a comunidade galega un total de 135 millóns de euros.

Ditame da Comisión

Con respecto a este asunto, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o Goberno central “faría mal” se leva á xustiza o ditame da Comisión Europea que declara ilegal a ampliación da concesión da AP-9.

A preguntas dos medios en rolda de prensa, a líder dos nacionalistas galegos defendeu que hai que “aproveitar a porta que abre” Europa para acabar cunhas peaxes que, insistiu, “son un auténtico abuso, unha estafa” e, agora, tamén “ilegais”.

“As peaxes que nos impuxo o Goberno popular de Aznar son ilegais e o que debe facer o Goberno central é aceptar este ditame da Comisión Europea e pór fin a unhas peaxes que son un auténtico abuso”, reafirmou Pontón.

Nesta liña, a líder do BNG reiterou que o Goberno de Pedro Sánchez debe recoñecer “o que está a dicir con toda claridade Unión Europea: que se cometeu unha ilegalidade coa ampliación da concesión” desta infraestrutura altamente empregada para a mobilidade dentro da comunidade galega.

“É evidente que os galegos non temos que seguir pagando unhas peaxes que son abusivos e ilegais”, subliñou a líder do Bloque Nacionalista Galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620