Tres policías de Marín afectados por inhalación de gases

 Os gases procedentes dun sumidoiro da Rúa Lameira, en Marín (Pontevedra), situado xusto ao lado da comisaría da Policía Nacional, afectaron a tres axentes que tiveron que ser evacuados por Urxencias Médicas, informou hoxe a central que coordina as emerxencias en Galicia.

Os afectados comezaron a sentir mareos logo da exposición prolongada a estes cheiros e gases procedentes da rede e mesmo nun primeiro momento se pensou que se podía tratar dunha fuga natural, unha circunstancia que foi rexeitada polos propios efectivos da comisaría.

O persoal do 112 informou aos bombeiros do Morrazo acerca deste suceso que se produciu sobre as 22:30 horas deste mércores e igualmente se avisou a Protección Civil. EFE

Tres policías de Marín afectados por inhalación de gases

Te puede interesar