sábado 16/1/21

Sete persoas resultan feridas nun accidente múltiple en Vigo

Sete persoas resultaron feridas nun accidente con tres turismos implicados acontecido na VG-20, en sentido Navia, en Vigo.

Sete persoas resultaron feridas nun accidente con tres turismos implicados acontecido na VG-20, en sentido Navia, en Vigo.

Segundo informou este domingo o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 20,20 horas do sábado e, a consecuencia do golpe, os sete feridos necesitaron asistencia médica e foron trasladados ao Hospital Perpetuo Socorro e Fátima de Vigo.

En concreto, foi un dos implicados no accidente quen chamou o 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias, os Bombeiros de Vigo, a Garda Civil de Tráfico así como o persoal de mantemento do Ministerio de Fomento.

Comentarios