Lugo acollerá o 22 de outubro o VI encontro anual de bloggers gastronómicos

Lugo acollerá o 22 de outubro o VI encontro anual de bloggers gastronómicos
Estudiantes de hostelería aprenderán de cocineros de todo el mundo

O próximo sábado, día 22 de Outubro, a cidade de Lugo será, por primeira vez, a encargada de acoller o encontro anual de bloggers gastronómicos galegos que se celebra dende hai cinco anos en diferentes cidades de Galicia.

O encontro reunirá uns corenta afeccionados á cociña para compartir tempo, coñecer e divulgar parte da gastronomía de Galicia, intercambiar opinións e gozar dunha xornada que tamén servirá de plataforma de presentación de produtos e empresas relacionadas co mundo gastronómico lucense. Nesta sexta edición e por primeira vez participarán bloggers procedentes de Asturias.

A organización destacou que a cidade amuralla converterase no "marco ideal" para esta reunión organizada pola bloguera lucense Verónica Curral (Blog Galletas Habelas Hailas) coa colaboración de Karlos Díaz, pertencente ao colectivo de Turvegal, Turismo Verde de Galicia.

Lugo acollerá o 22 de outubro o VI encontro anual de bloggers gastronómicos

Te puede interesar