Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Interior detecta en VioGén máis de 6.200 casos activos na comunidade

beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Ministerio do Interior ten detectados no Sistema VioGén 105.509 casos activos de vítimas de violencia de xénero, dos que 6.231 son en Galicia, segundo datos estatísticos do departamento que dirixe Fernando Grande-Marlaska.

En concreto, a 31 de agosto deste ano había un total de 105.509 casos activos por violencia de xénero, dos que 19 estaban en risco extremo, 1.157 no alto, 14.818 no medio, e 89.515 en baixo.

En canto ás idades das vítimas dos casos activos, Interior sinala que existen 1.384 mulleres menores de 18 anos; 26.395 de 18 a 30 anos; 48.982 de 31 a 45; 26.260 de 46 a 64; e 2.488 de 65 ou máis.

Os datos tamén revelan que hai 54.382 casos de vítimas con menores a cargo. Un total de 1.413 estes están en risco de ser agredidos polo maltratador da súa nai. En concreto, actualmente hai dous casos deste tipo en risco extremo, 132 no alto e 1.279 no medio.

Nos casos con menores en situación de risco “detéctase unha especial combinación de indicadores que apuntan a que a violencia exercida polo agresor sobre a vítima podería estenderse a outras persoas próximas a esta, especialmente cara aos menores ao seu cargo”.

Igualmente, a estatística reflicte 11.982 casos con menores a cargo de “especial relevancia”, con 18 deles en risco extremo, 1.072 no alto e 10.892 no medio. Nestes últimos detéctase “unha especial combinación de indicadores que suben de maneira significativa a probabilidade de que o agresor exerza sobre a vítima violencia moi grave ou letal”.

Por comunidades, o maior número de casos activos de violencia machista está en Andalucía, con 27.215; séguelle a Comunidade Valenciana, con 17.987; Madrid, con 13.009; Canarias, con 6.734; Galicia, con 6.231; Murcia, con 5.787; Castela-A Mancha, con 5.677; Castela e León, con 5.592; Baleares, con 4.378; Estremadura, con 2.964; Aragón, con 2.562; Asturias, con 2.214; Navarra, con 2.080; Cantabria, con 1.608; A Rioxa, con 962; Ceuta, con 272, e Melilla, con 237.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620