Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Galicia inicia a tramitación dunha lei específica contra a violencia dixital

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Goberno galego deu luz verde este luns ao comezo da tramitación da lei galega de acoso e violencia dixital, que se converterá na primeira norma deste tipo en España e que contará con medidas específicas para a protección e atención das vítimas de violencia de xénero.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Igualdade e  Política Social, Fabiola García, incidiron na importancia de poñer coto á violencia dixital, que, “por desgraza, cada vez está máis presente e con formas máis complexas”.

O xefe do Executivo galego remarcou que a violencia nas redes xera “importantes riscos”, sobre todo para nenas e mulleres, polo que a Xunta cre que é necesaria “unha normativa específica”.

Entre as medidas prevese un mecanismo para borrar a pegada dixital –previa sentenza xudicial–, co que se trata de facilitar a eliminación do material dixital accesible en rede usado como instrumento de acoso ou violencia dixital, favorecendo a restauración da reputación dixital.

Tamén contempla a creación dun espazo virtual de asesoramento para as vítimas ou programas psicopedagóxicos para a atención a adiccións a novas tecnoloxías.

De igual forma, implementaranse máis medidas de prevención e sensibilización no ámbito educativo, tanto na etapa de Secundaria como no ensino universitario.

Para iso, aínda que a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero de 2007 xa recolle como violencia de xénero “a violencia dixital ou en liña contra as mulleres”, o novo anteproxecto de lei abordado onte polo Executivo autonómico busca definir os conceptos de acoso e violencia dixital para así actuar dunha forma máis adecuada.

Así mesmo, fixaranse os principios de actuación, establecer medidas de prevención, sensibilización, prevención e detección, posibilitarlle a formación na materia ao persoal da Xunta e das forzas de seguridade, e articular medidas de protección e apoio ás vítimas.

Tras o seu paso polo Consello, o anteproxecto de lei sométese desde hoxe e durante 15 días á consulta pública previa, co obxecto de recoller as achegas da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620