miércoles 23/9/20

Tres feridos por unha colisión múltiple de catro vehículos en Moaña

 Un total de tres persoas teñen sido trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar feridas por mor dunha colisión múltiple en Moaña (Pontevedra) na que se viron implicados catro vehículos, informou hoxe a central que coordina as emerxencias en Galicia.

O accidente rexistrouse concretamente no corredor do Morrazo, á altura da rotonda de Domaio, en sentido Vigo, e foi un particular o que avisou ao 112 minutos antes das oito da tarde deste mércores e deseguido alertouse a Urxencias Médicas, Protección Civil e ás forzas da orde.

O 112 tamén tivo constancia onte dun sinistro no que varias persoas resultaron igualmente feridas e que consistiu no choque de dous vehículos, incendiándose o motor dun deles.

Urxencias Médicas mobilizou a tres ambulancias para atender aos feridos neste suceso que se rexistrou na estrada que une Ponteareas con Mondariz, á altura da parroquia de Santa Cristina de Bugarín, pasados uns minutos das oito da tarde.

Unha vez recibida a alerta, o 112 informou ademáis de ao persoal sanitario, aos bombeiros de Ponteareas, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. EFE

Comentarios