A Deputación iniciará as obras de mellora das estradas provinciais antes do verán

A Deputación iniciará as obras de mellora das estradas provinciais antes do verán
Cartel Obras carretera de San Xurxo

A Deputación da Coruña aprobou no último pleno o Plan de Conservación de Vías Provincias de 2015 co obxectivo de garantir a seguridade viaria de condutores e peóns nas estradas de competencia provincial. Deste xeito mantense o adianto nos prazos logrado o ano pasado para iniciar canto antes as actuacións. A previsión da Deputación é poder iniciar as obras, divididas en 36 grupos diferentes, antes dos meses de verán.
Este ano, o montante do plan supera os 10,4 millóns de euros que na súa maioría, nun 64% do total do investimento, irá destinado a actuacións de mellora do pavimento. De feito, renovarase o 11% da capa de rodadura da rede provincial.
Outra actuación importante pasa pola limpeza e roza das fochas. Trátase dun dos elementos fundamentais para o bo funcionamento da circulación, por iso se prevé actuar sobre 2.140 quilómetros en  noutros 5.145 metros se construirán cunetas revestidas de formigón para aqueles tramos onde a pendente ou a excesiva acumulación de auga poderían provocar a erosión do firme. A este apartado se destinará o 20% do orzamento do plan.
Pero ademais, o Plan de Conservación de Vías Provinciais  inclúe tamén un apartado para a sinalización que se levará o 12% do investimento. Con esta achega se incorporarán ata 1.568 sinais tanto de advertencia como de prohibicións, e se substituirán aquelas que se atopen máis deterioradas. Ademais se recolocarán outras 287.
A sinalización horizontal se estenderá ao longo de 554 quilómetros e se pintarán 412 pasos de peóns.
Así mesmo, a Deputación continúa coa defensa viaria en curvas e tramos en terrapléns perigosos. Ademáis colocaranse aproximadamente 2.079 metros lineais de biondas ou varandas.
Por último, o programa do presente ano contempla obras de drenaxe que repararán gáveas danadas ou atascadas, e a renovación de ramplas salvafochas en interseccións. Alcanzaranse 876 metros de novas tubaxes e 146 unidades de tajeas.
O plan, e as actuacións incluídas nel, son o resultado do traballo e o estudo exhaustivo da situación das estradas provinciais polo persoal dependente do servizo de Vías e Obras.
Durante todo o ano realizan visitas periódicas ás estradas propiedade da Deputación coruñesa, coa finalidade de realizar un diagnóstico das necesidades máis urxentes. Así, o plan inclúe agora todas as obras precisas para manter en bo estado as estradas provinciais e garantir a seguridade de condutores e peóns.

A Deputación iniciará as obras de mellora das estradas provinciais antes do verán

Te puede interesar