A Deputación coruñesa destina 50.000 euros á RAG para realizar plans de fomento do galego

A Deputación coruñesa destina 50.000 euros á RAG para realizar plans de fomento do galego
O recital de Amancio Prada é unha das actividades que se fixeron aec

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade un convenio de colaboración coa Real Academia Galega (RAG) para financiar a programación do ano 2016, cunha achega de 50.000 euros.
Esta colaboración enmárcase na competencia común de ambas institucións na organización de actividades que teñan por finalidade o fomento en materia de cultura.
O programa elaborado durante o presente ano pola Real Academia inclúe, entre outras cousas, a realización da vixésimo novena edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras, a través dos cales se concederon 45 bolsas de estudos para persoas de fóra de Galicia.
Así mesmo, os fondos provinciais sufragarán publicacións coma a edición dixital de “La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán”, ou a revisión de “A Sociedade galega e o idioma. A Evolución sociolingüística en Galicia (1992-2013)”, “Antoloxías das Irmandades da Fala” e “Recompilación traballos de Elsa Gonçalves”.
Outras actividades en prol da difusión do patrimonio literario que subvenciona a Deputación coruñesa son o recital de Amancio Prada e o proxecto Primavera das Letras, ademais de gastos indirectos derivados da organización e xestión de ditas actividades.

A Deputación coruñesa destina 50.000 euros á RAG para realizar plans de fomento do galego

Te puede interesar