Un culleredense de 22 anos gaña o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores

Un culleredense de 22 anos gaña o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores
El Ideal Gallego-2014-12-22-018-6eae3fd3

A edición número quince do premio de poesía Díaz Jácome ratificou onte a Mondoñedo como “nación literaria”, segundo a consideración do crítico e membro do xurado Armando Requeixo ou máis ben república, coma prefire vela o seu alcalde, o nacionalista Orlando González.
Os gañadores foron Aleixandre Lago Barcala, de Culleredo, pola súa obra “Poesías”; Iris Carro González, de Rianxo, por “A luz agochada entre as sombras”, y Alba Sánchez, de Compostela, por “Pingas de bágoa”.
Na entrega de galardóns concedidos, o académico da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, aproveitaron para defender o idioma nestes tempos no que o seu uso por parte da xente nova está en entredito.
O rexedor non só lle agradeceu aos rapaces o seu traballo en prol do galego, senón aos seus pais por telos educados nesta lingua e aproveitou para reclamar un Día das Letras Galegas para o ilustre escritor e xornalista mindoniense Xosé Díaz Jácome.
Á súa familia, presente no evento, dirixíuse un dos membros do xurado, Armando Requeixo. Así, agradéceulle, por exemplo “ao responsoble do grupo xornalístico La Capital” que seguiran exercendo “en favor da causa literaria mindoniense” desde publicacións como El Ideal Gallego, onde figuraba un artigo recente sobre Cunqueiro. O crítico entregáralle aos familiares a publicación dun epistolario entre Jácome e Xosé María Díaz Castro, no que debatían sobre o que debera ser a poesía.
Requeixo pensa que os tres novos talentos onte premiados reflicten ben aquel pensamento.
Aleixandre Lago, licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona de 22 anos e veciño de Culleredo, obtivo o primeiro premio dotado con 1.500 euros.
O segundo premio, de 600, recaeu na rianxeira Iris Carro, de 25 anos, licenciada en Ciencias Políticas e que traballou nos servizos sociais de Santiago. O terceiro, de 300 euros, foi para a compostelá Alba Sánchez, que gañara hai pouco un accésit do Concello de Paradela.

Un culleredense de 22 anos gaña o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores

Te puede interesar