Claudio Rodríguez Fer, nomeado presidente de honra da asociación Memoria do Exilio en Bretaña

Claudio Rodríguez Fer, nomeado presidente de honra da asociación Memoria do Exilio en Bretaña
Claudio Rodriguez Fer, xunto a unha foto de José Ángel Valente usc

A Asociación Memoire de l’Exil des Republicains Espagnols dans le Finistere ( MERE 29), creada en Brest (Bretaña), acaba de nomear presidente de honra ao escritor, profesor e militante da memoria Claudio Rodríguez Fer.

A asociación MERE 23, fundada neste ano 2012, pretende coñecer, dar a coñecer e recoñecer a memoria dos exiliados republicanos españois na Fisterra Bretoa, onde centos de refuxiados foron utilizados como escravos polos nazis, dende 1941, na construción dunha gran base de submarinos que servise de muro de contención no Atlántico, tarefa na que moitos daqueles traballadores forzosos pereceron afogados no formigón.

 

actividades

Ademais, as actividades resistentes dos refuxiados españois foron castigadas cunha dura represión, incluíndo a reclusión en campos de extermino do III Reich. Tal foi o caso do galego Ramón Garrido Vidal, natural do Grove, deportado ao campo de concentración de Dachau.

Moitos dos membros da asociación que recupera agora a súa memoria son descendentes directos daqueles refuxiados, como a súa presidenta, a historiadora Gabrielle Garcia, especialista no exilio español en Bretaña e coautora do libro “A memoria reencontrada dos republicanos españois en Ille-et-Villaine”.

O escritor Calaudo Rodríguez Fer, autor de numerosos libros relacionados coa memoria histórica e tamén con Bretaña foi fistinguido este mesmo ano 2012 co doutoramento Honoris Causa na Universidade de Rennes polos numerosos vínculos profesionais e literarios da súa obra coas terras armoricanas.

 

Claudio Rodríguez Fer, nomeado presidente de honra da asociación Memoria do Exilio en Bretaña

Te puede interesar