A animación que se produce en Galicia experimenta un grande auxe

  A animación producida na comunidade galega está a consolidar a súa calidade, acadando este ano importantes recoñecementos tanto dentro como fóra das súas fronteiras. Mostra disto é que, ademais do Goya logrado por “Birdboy”, codirixido polo coruñés Alberto Vázquez e incluído no catálogo Shorts from Galicia 2012, outras dúas cintas de animación galega están no máis alto do palmarés nacional e internacional: “The little Wizard.O mago Dubidoso” (do tudense Roque Cameselle, producida por Deboura Cinema) candidata ao premio Goya 2012, neste caso como mellor longametraxe de animación, premio que finalmente se levou a casa o filme “Arrugas” (de Ignacio Ferreras, producida pola coruñesa Perro Verde Films), xunto co Goya polo mellor guión adaptado (de Ángel de la Cruz) e que ademais está preseleccionada para os Oscar da Academia de Hollywood como mellor película de animación.

Presenza > Por outra banda, o filme “Meine Libe”, codirixido pola coruñesa Laura Pousa e Ricardo Steinberg, tamén foi finalista dos Goya na categoría de mellor  curtametraxe de ficción. No resto das producións, outro galego, Luis Tosar, aspiraba a acadar o seu cuarto premio Goya polo papel protagonista en “Mientras Duermes” (producida pola empresa Filmax, do galego Julio Fernández).
Así mesmo, Galicia tamén estivo representada nas localizacións dun dos filmes favoritos este ano, “La piel que habito” (de Pedro Almodóvar), rodada en parte no Pazo de Oca e en Santiago de Compostela.

A animación que se produce en Galicia experimenta un grande auxe

Te puede interesar