Os faros galegos darán luz aos clientes de Marineda City

Os faros galegos darán luz aos clientes de Marineda City
a mostra fala da evoluciã³n deste tipo de construciã³ns susy suã¡rez

Manuel Vilar conta que estivo dúas horas esperando por ver un que asoma o seu nariz na costa newyorquina. Aquí non existe tanto culto a eles, pero o experto fala de que os faros que alertan de que esta terra ten moitos flecos saíntes dan unha sensación de seguridade ao que os ve. Son símbolos de paz en pleno ruxir do mar e neste punto nada teñen que facer as tecnoloxías.
A mostra “Centinelas del mar” no centro comercial Marineda City pretende ser un contrapunto en medio da modernidade do edificio. Comisariada por Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego, a exposición concentra todas as construcións que viven no país bordeando o mar e o visitante pode pasear polas rías entre adquisición e sesión de cine.
Vilar explicaba na presentación que no conxunto un pode observar a evolución arquitectónica dos faros comezando polos de Fisterra e As Sisargas, que son as luces que todos os barcos que veñen polo Atlántico buscan para situarse no mapa.
Da importancia destes ollos mariños, o curioso pasa pola obra colectiva dos canteiros de Camariñas, que ergueron en 1896 unha torre con forma hexagonal de 25 metros que chega a cheirar buques ata 30 millas náuticas. Diante deste modelo exemplar, a decandencia entra en escena co faro de Touriñán que fala dunha época, a dos anos oitenta, de deixadez e monotonía. Son edificios que non chaman a atención. Os de Roncadoiro e Ortegal pasan tamén desapercibidos.
Para chegar aos noventa e comprobar a cativez do faro de Punta Nariga, o máis novo da familia galega. Trátase do máis moderno de España deseñado por César Portela e que acendeu a súa lanterna nada menos que en 1998. Ocorre que a innovación recobra importancia co paso dos anos. Neste punto de novidade está tamén o de Frouxeira.
Nada que ver coa Torre de Hércules, que acada gran protagonismo na colección por ser o máis antigo e ten a etiqueta de Patrimonio da Humanidade. De fronte un de pel branca e planta octogonal destaca entre as rochas. Trátase do faro de Mera, que data de 1917.
As imaxes están sacadas polos fotógrafos Alfonso Rego, Xulio Rei, Anxo Rial e José Salgado. Os catro son capaces de sacar dos faros perfís distintos aos habituais. En medio das tendas de roupa, o comprador pode botar un respiro xunto a eles ata o 18 de agosto. “Centinelas del mar” complétase con textos e actividades paralelas que recordarán que por moito GPS que saia ao mercado, eles seguirán tendo a patente no mar. n

Os faros galegos darán luz aos clientes de Marineda City

Te puede interesar