O bolido avistado hai un ano puido caer en Arbo ou en As Neves

O bolido avistado hai un ano puido caer en Arbo ou en As Neves
Imaxe do dibuxo que deixou no ceo o paso do bólido, composto por varias rochas estelares ao atravesar a atmosfera

Os restos do bólido diúrno avistado o Día das Letras Galegas do ano pasado no sur de Galicia caeron probablemente nos termos municipais de Arbo e As Neves. Esta é a conclusión a que chegaron investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Oarma) da USC e da Rede Española de Bólidos e Meteoritos logo dun exhaustivo estudo presentado na 48th Lunar and Planetary Science Conference que tivo lugar en Texas.


Os bólidos prodúcense cando pedras cósmicas de certo tamaño (meteoroides) que están describindo órbitas en torno ao Sol penetran na nosa atmosfera. Debido á gran velocidade coa que o fan e ao rozamento coas capas baixas da atmosfera dan lugar ao fenómeno luminoso observado, pero só cando o brillo que producen é superior ao do planeta Venus (magnitude -4) reciben o nome de bólidos; se non, son simplemente meteoros.


Na tarde do 17 de maio de 2016 observouse un bólido diúrno no sur de Galicia que chamou a atención non só por verse a pleno día senón tamén polas sucesivas detonacións que escoitou moita xente do lugar, sobre todo doBaixo Miño. Testemuñas daquela zona pero tamén doutros lugares de Galicia como Guntín, Osebe, Vilagarcía ou o Xurés puxéronse en contacto co Oarma para dar conta do acontecido. Dado o interese científico deste tipo de fenómenos (especialmente os diúrnos), os profesores e investigadores do Observatorio universitario –centro colaborador da Rede Española de Bólidos e Meteoritos (Spmn)– José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz desprazáronse á zona para conseguir a máxima información, en particular as coordenadas horizontais dos puntos de aparición e desaparición do obxecto así como o tempo de retardo do son percibido, entre outros detalles. Ademais, un veciño entregoulles unha fotografía da explosión final do bólido, na que aparecen referencias locais que permitiron obter a dirección con gran precisión.

Unha vez conseguidos os datos de observación, os investigadores traballaron na determinación da traxectoria atmosférica do obxecto xa que a partir dela, xunto con outros parámetros atmosféricos, se pode predicir a posible zona de caída de restos. Así mesmo, se a información dispoñible o permite, é posible determinar a órbita do meteoroide antes de chegar á Terra.

Caída dos restos Nesta segunda fase da investigación participaron tamén outros dous investigadores da SPMN, os doutores Josep María Trigo-Rodríguez, do Instituto de Ciencias do Espazo do CSIC e do Institut d’Estudis Espacials de Catalunya, e José María Madiedo, da Universidade de Huelva, que reconstruíron a traxectoria e estimaron as órbitas máis probables da bola de fogo avistada.

O bolido avistado hai un ano puido caer en Arbo ou en As Neves

Te puede interesar