Medio Rural fomenta a incorporación de agricultores aos selos de calidade

Medio Rural fomenta a incorporación de agricultores aos selos de calidade
03 marzo 2010 página 42 OURENSE, 23/12/2009.- Miembros del Sindicato Labrego Galego denunció hoy en Ourense la situación actual de "extorsión" por parte de las distribuidoras y grandes industrias, en el sector de la patata, con

Coa vista posta no impulso dos produtos de calidade e, de paso, da gastronomía propia de Galicia, a Consellería do Medio Rural vénde publicar unha nova convocatoria de axudas que apoian a participación dos agricultores nos réximes de calidade. Desta vez, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez achega 450.000 euros, un 140% máis que na anterior.
A través desta iniciativa, a Xunta pretende un doble obxectivo. Dunha banda, impulsar a produción de calidade e, doutra, dar viabilidade a certos tipos de produtos agroalimentarios, permitindo o desenvolvemento e consolidación da agroindustria da zona e facilitando a xeración de riqueza e de dinamismo social nestes espazos.
A nova convocatoria de Medio Rural inclúe tanto as producións agrícolas, como as denominacións de orixe protexidas (DOP), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), as de bebidas espiritosas e as de produtos vitivinícolas aromatizados.
Así, os titulares de explotacións agrarias desde tipo que estean dados de alta no réxime de calidade con posterioridade ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR (Programa de Desenvolvemento Rural) de Galicia 2014-2020 poderán optar á subvención, no caso de que participen por vez primeira nalgún dos réximes de calidade definidos no PDR galego e que estean en activos no momento.

Produtos ecolóxicos
No que se refire á produción ecolóxica, a Xunta tamén considerará como nova incorporación a aqueles agricultores que, tendo previamente traballado en dito programa, inicien o seu labor noutra orientación produtiva, sendo esta última dunha dimensión económica suficiente para superar a consideración de ser autoconsumo.
A Consellería do Medio Rural subvencionará os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación en dito réxime, incluídos, de ser o caso, os de control para comprobar o cumprimento do prego de condicións para estar na devandita categoría. Desta forma, a contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cino anos.
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva e os criterios de selección irán dende a tipoloxía do récime de calidade ata a novidade deste, pasando pola participación en máis dun, pola situación nunha zona de montaña ou polo feito de ser o titular muller ou mozo de menos de 40 anos.

Procedemento
A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a encargada de desenvolver o procedemento administrativo para optar a estas axudas, mentres que o exame das solicitudes realizarao unha comisión de valoración constituída polo subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria en condición de presidente, dous funcionarios do Servizo de Promoción da Calidade Agrolimentaria como vogais e un funcionario do mesmo servizo, que actuará como secretario.
As solicitudes serán resoltas nun prazo máximo de cinco meses contados desde o día seguinte ao da data de remate do prazo de presentación –que nesta convocatoria se sitúa no 15 de maio– e tras aboar as axudas, a Consellería seguirá a realizar unha observación para comprobar que non se modifican as circunstancias polas que se obtivo a subvención.
Estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Feader, cunha participación do 75%, así como con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e da Xunta, cunha achega do 7,5 e o 17,5 por cento, respectivamente.

Medio Rural fomenta a incorporación de agricultores aos selos de calidade

Te puede interesar