Medio Rural aumenta un 40% os fondos dedicados aos produtos agrarios galegos

Medio Rural aumenta un 40% os fondos dedicados aos produtos agrarios galegos
A Consellería aposta pola promoción dos produtos galegos e por impulsar os seus usos agroalimentarios | aec

Serán un total de 495.473.742 euros, un 4% máis que o ano pasado, dos que disporá a Consellería de Medio Rural para o próximo exercicio.No que atinxe ao ámbito agroalimentario, destacan para o 2018 as axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios, que se incrementan nun 40% para chegar case aos 30 millóns de euros.
Durante a presentació no Parlamento, Ángeles Vázquez quixo destacar o bo momento do sector lácteo. “2017 foi o despegue para ese sector, primero co asentamento e posterior incremento do prezo, así como o interese que esperta na industria”, asegurou, sinalando tamén a próxima instalación en Galicia (concretamente, en Curtis) da que está destinada a ser a meridan “empresa láctea de transformación en Europa por volume de leite procesado”.
E para seguir no camiño do crecemento, Medio Rural impulsa o sector con accións como a promoción de produtos, que terá unha inversión dun millón de euros, a dotación dos laboratorios (1,4), o plan de infraestruturas (4,3) ou a loita contra pragas (1,3), canda unha gran parte dedicada a infraestruturas, que contará con 24,6 millóns, ao que hai que sumar o plan de regadíos, que supera os catro millóns de euros e as reformas das estruturas, que acadan os 430.000 euros ao sumar o destinado a vehículos e maquinaria.
Ademais, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez realizará unha forte aposta no que atinxe a accións de asesoramento, con partidas orzamentarias que van dende os 400.000 euros para accións e informacións estruturais –dentro do programa de modernización e diversificación do tecido produtivo rural– ata os 890.000 que suman a formación de asesores (140.000) e o uso de servizos de asesoramento (750.000) para a mellora da competitividade do sector agrícola.
Mirando ao futuro, Medio Rural tamén sitúa un investimeno trianual a razón de 455.000 euros cada ano ata 2020 en materia de mellora da calidade produtiva dos animais, e que prevé beneficiar máis de 3.000 explotacións. No que ten que ver co Feaga (Fondo Europeo Agrícola de Garantía), Medio Rural reserva 2,3 millóns para actos clínicos, traballos auxiliares e gastos complementarios, mentres que a mobilización de terras no Val de Lemos terá unha partida de 70.000 euros.
Outra das frontes de Medio Rural será a da conservación, recuperación e difusión de razas autóctonas, que contará con case 280.000 euros de orzamento para os ensaios con recursos fitoxénicos e outros tantos para o fomento do usos de recursos autóctonos zooxenéticos. l

Medio Rural aumenta un 40% os fondos dedicados aos produtos agrarios galegos

Te puede interesar