Inditex, única compañía española entre as 100 maiores do mundo por capitalización

Inditex, única compañía española entre as 100 maiores do mundo por capitalización
An Inditex logo can be seen at the entrance of the headquarters of the Inditex group, in Arteixo, northern Spain, March 9, 2016. REUTERS/Miguel Vidal

Inditex é a única empresa española entre as 100 maiores compañías cotizadas do mundo por capitalización bolsista, segundo recolle un informe elaborado por PwC, que reflicte ademais que as empresas do sector tecnolóxico superaron por primeira vez ás entidades financeiras a nivel global.

Segundo o informe, que analiza a evolución bolsista das grandes compañías mundiais dende o 31 de marzo de 2015 ata o mesmo día en 2016, Inditex logrou neses doce meses subir trece posicións, pasando do posto 77 ao 64 un ano despois da súa entrada por primeira vez no ranking.

O grupo téxtil español sitúase ademais como a décima empresa cun maior crecemento da súa cotización en porcentaxe dende 2009, ao aumentar a súa capitalización un 233%, dende 25.000 millóns de dólares (22.647 millóns de euros) en 2009 aos 105.000 millóns de dólares (95.118 millóns de euros) en 2016.

Con datos de peche do pasado venres, a capitalización bolsista de Inditex situábase en torno a 92.860 millóns de euros.

En termo globais, o estudio reflicte que as empresas tecnolóxicas superaron por primeira vez ás entidades financeiras a nivel global, como reflicte o feito de que os xigantes tecnolóxicos Apple, Alphabet (Google) e Microsoft ocupan as tres primeiras posicións do ranking ou que Facebook escale dende a posición 17 ata o sexto posto do ranking elaborado por PwC.

O estudio sinala que a cotización dos grandes grupos tecnolóxicos creceu un 7% en 2016, ata alcanzar os 2,9 billóns de dólares (2,62 millóns de euros), mentres que a das compañías do sector financeiro caeu un 13%, ata 2,6 billóns de dólares (2,36 millóns de euros).

Pola súa banda, o sector de bens de consumo sitúase en terceiro lugar en canto a capitalización, aínda que é o que máis empresas achega á lista, un total de 19, fronte ás 12 do tecnolóxico, e 18 do financeiro.

MENOS CAPITALIZACIÓN.

Segundo recolle a consultora no seu web 'Ideas', o informe tamén revela que por primeira vez despois da crise a capitalización das 100 empresas incluídas no ranking descenderon, en concreto un 4%, debido o retroceso das empresas chinesas e á evolución das grandes empresas europeas, que seguen lastradas polos efectos da crise.

Por zonas xeográficas, as empresas estadounidenses seguen consolidando o seu liderado no ranking, xa que as dez primeiras compañías da lista son de Estados Unidos, país que en total achega 54 empresas, unha máis que o ano pasado.

"Os bos resultados de Alphabet (Google), Amazon, e Microsoft, xunto cos da recén consolidada Kraft-Heinz que entra na lista despois da súa fusión, impulsaron estas boas cifras en Estados Unidos", explica.

Pola súa banda, Europa achega un total de 24 empresas ao ranking, dous menos que en 2015, das que sete proveñen de Reino Unido. Pola súa banda, China achega 11 empresas á lista, o mesmo número que en 2015.

Inditex, única compañía española entre as 100 maiores do mundo por capitalización

Te puede interesar