Galicia impulsa a súa reinvención industrial con 120 millóns para o próximo bienio

Galicia está a apostar pola súa reinvención industrial para aproveitar as oportunidades que se abren coa revolución da Industria 4.0, que se está a xerar en rexións punteiras de Europa e Estados Unidos a partir da fábrica intelixente,  unha factoría na que obxectos e máquinas se comunican entre sí, incorporando ademais avances en campos como a produción aditiva das impresoras 3D.
Para abordar esa transformación, Galicia conta coa coa Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, unha estratexia impulsada pola Xunta e consensuada con 120 axentes económicos e sociais, coa que a comunidade busca reinventar a súa industria ata que sume o 20% do PIB, creando 50.000 novos empregos ata 2020. Para acadar ese obxectivo, o Goberno galego estinará, durante o período 15-16, 120 millóns de euros para xerar investimentos de 500 millóns.

eixes de actuación
A Axenda desenvólvese a través de cinco eixes de actuación: factores territoriais de competitividade, persoas e organizacións, crecemento, innovación e mercados.
Neste sentido, hai que destacar que a aposta pola fábrica intelixente ocupará un lugar prioritario, sumando 40 millóns de euros á súa promoción, o 33% do investimento previsto durante estes dous anos. 

fábrica intelixente
Así, entre as medidas prioritarias que se poñerán en marcha neste bienio, destaca un programa que destinará 10 millóns de euros á promoción de proxectos innovadores no campo da fábrica intelixente. 
Ademais, a Consellería de Economía e Industria desenvolverá o Concurso de Ideas Industria 4.0, que suma 3 millóns para financiar os mellores proxectos sectoriais demostrativos, orientados ao desenvolvemento de tecnoloxía cara a fábrica intelixente.
Así mesmo, activarase un paquete integral de apoio financeiro que inclúe distintas liñas de promoción do investimento, préstamos e avais encamiñados a facilitar a realización de proxectos de investimento industrial. 
Este paquete conta cun total de 67 millóns, priorizándose na súa execución tanto a adaptación cara á fábrica do futuro coma o feito de que as empresas gañen tamaño.
Ademais, se porá en marcha un programa específico de formación para os cadros directivos das empresas e os mandos intermedios que abordará as principais tendencias de futuro no sector industrial. 
Unha liña que se complementa cun programa que se centrará no diagnóstico e implantación de solucións Fábrica 4.0 nas pemes, facilitando a prestación de servizos de análise de situación, e o acompañamento na implantación de manufacturas e de ferramentas TIC e de aforro enerxético.

ávións non tripulados
Xunto a estes apoios, a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 ten comezado a andar con proxectos como a creación, da man do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, dun polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, que busca contar con socios industriais europeos de primeiro nivel. 
A esta iniciativa se lle suman outras medidas en ámbitos concretos onde Galicia destaca, como o sector naval, así como o abaratamento do chan industrial en toda a comunidade

Galicia impulsa a súa reinvención industrial con 120 millóns para o próximo bienio

Te puede interesar