O fondo tecnolóxico europeo impulsa 200 proxectos innovadores en Galicia

O fondo tecnolóxico europeo impulsa 200 proxectos innovadores en Galicia

Galicia mobilizou 400 millóns de euros en 200 proxectos innovadores co Fondo Tecnolóxico Europeo, esgotando os fondos que puxo á súa disposición a Unión Europea, e avanzando así na aposta pola innovación como un aspecto inherente ao modelo galego para crear valor e ser máis competitivos. 
Para impulsar un salto cualitativo no hábito de innovar entre as compañías galegas, a Xunta buscou que estes fondos europeos Feder funcionasen como unha panca da innovación en Galicia que mobilizase novos recursos públicos e privados e crease emprego, para o que o Goberno galego deseñou unha estratexia que permitise optimizar  o impacto dos recursos en Galicia.

INVESTIMENTOS
Unha das principais apostas da Xunta para garantir ese impacto foi a compra pública innovadora, destinando máis de 110 millóns de euros a proxectos como A-Tempo, dirixido a mellorar o coñecemento sobre a enerxía eólica en plataformas mariñas, ou Laser-PET, para avanzar en novas técnicas da radiofarmacia diagnóstica e a biomedicina, ademais doutras iniciativas como Innova Saúde e Hospital 2050. 
Tamén se desenvolveron outras actuacións pioneiras como Innopharma, unha plataforma líder desde Galicia para o descubrimento temperán de fármacos; Táctica, que busca potenciar a xeración e posta en valor do coñecemento TIC creado en Galicia no eido das telecomunicacións, ou a creación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) como núcleo ao arredor do cal a Xunta está a desenvolver un polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, que suma 55 millóns en investimentos. 
O Goberno galego ten posto o foco tamén no papel clave que están a xogar os centros tecnolóxicos galegos, como Aimen, Anfaco ou Cesga, aportando máis de 10 millóns de fondos europeos para mellorar as infraestruturas e  potenciar servizo que prestan ás empresas. Do mesmo xeito que as tres universidades galegas, que recibiron fondos para a mellora do seu equipamento científico e tecnolóxico.
No aproveitamento do fondo tecnolóxico europeo é tamén fundamental a colaboración público privada, como no caso do polo de avións non tripulados. 

Proxectos concedidos
Neste esquema de innovación aberta tamén se apoiou o programa Innterconecta: Galicia foi a primeira comunidade en número de proxectos concedidos polo CDTI no ano 2013 a esta iniciativa, poñendo en marcha máis de 100 proxectos de innovación, que mobilizaron máis de 200 millóns de euros coa participación de case 400 empresas galegas. 
Todas estas iniciativas teñen permitido conseguir recursos millonarios para incrementar o grado de innovación das empresas galegas, e ten convertido a Galicia nun referente nacional e internacional no ámbito da Compra Pública Innovadora e no ámbito da cooperación público-privada en investigación, en ámbitos de gran futuro como os fármacos e o aeronáutico.

O fondo tecnolóxico europeo impulsa 200 proxectos innovadores en Galicia

Te puede interesar