O comercio galego reinvéntase con novas ideas e servizos aos consumidores

O comercio galego reinvéntase con novas ideas e servizos aos consumidores
06 julio 2014 / 27 agosto 2014 página 6 A Coruña.- Las tiendas seguirán con su horario en las zonas turísticas pese a la liberalización La calle Real y sus alrededores es una de las zonas más turísticas de

O comercio galego está a afrontar os desafíos dun panorama cambiante con novas ideas e servizos aos clientes, que pasan especialmente por unha aposta decidida pola venda a través de internet, complementando a experiencia de compra nos diferentes canais, e o “smart commerce”. Aproveitando a reactivación do consumo, Galicia está a consolidarse como unha das rexións máis emprendedoras: é xa a quinta comunidade con máis altas de autónomos menores de 30 anos, o que amosa a vontade dos galegos de apostar por novos establecementos. 
O sector comercial, que suma máis do 11 por cento do PIB galego e o 17 por cento do emprego da comunidade, está a conformar unha nova paisaxe capaz de adaptarse aos novos tempos, aos paradigmas de competitividade, aos hábitos de consumo e ás demandas dos consumidores. Así, no que vai de ano, as vendas do comercio minorista en Galicia medraron un 3,6 por cento, por riba da media, que se sitúa nun 3,3 por cento. Ademais, o emprego no sector rexistra un incremento interanual do 1,3 por cento, dúas décimas superior ao estatal. 

Unidade de acción
Este esforzo do sector por reinventarse é clave para impulsar o futuro do comercio de proximidade como parte da vertebración económica e social das nosas vilas, traballando desde a unidade de acción. É desa convicción do potencial que ten o traballo conxunto entre a Xunta e o sector da que naceu o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, co que o Goberno galego busca acadar obxectivos como incrementar nun 15 por cento os emprendedores que traballan no sector, ata chegar aos 60.800 en 2020; triplicar a porcentaxe de establecementos que venden na internet, alcanzando o 14 por cento; e incrementar nun 10 por cento o número de comercios que se asocian para competir, chegando ata os 20.000.
O novo plan destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.
O primeiro dos eixes deste plan, que conta coas achegas do sector, céntrase na mellora da competitividade cun programa de axudas para a mellora das infraestruturas comerciais, con especial atención aos centros históricos das vilas e cidades galegas, e a activación de apoios para a apertura de novos establecementos en concellos de zonas rurais de menos de 5.000 habitantes, para garantir o abastecemento de todo o territorio.
Unha das apostas do novo plan de impulso ao comercio céntrase en aproveitar sinerxías entre comercio e turismo. Tamén se fomentará a comercialización do produto autóctono nos mercados nacionais e internacionais baixo as marcas Galicia Calidade e Artesanía de Galicia, que contará con establecementos no Camiño de Santiago, e crearanse canles de distribución entre produtores e empresas de distribución para a eliminación de custos intermedios. Así, co obxectivo de avanzar neste eido, entre as medidas que se activarán no período 2015-2016 dentro deste primeiro eixe do plan destaca a creación en colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar dun proxecto piloto de bolsa de produtores locais de determinadas zonas. 
Máis do 40 por cento dos recursos do novo plan destinaranse ao segundo dos retos, con actuacións concretas para establecer o “smart commerce”. Apóstase por incrementar a innovación no comercio galego como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando o comercio electrónico e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación. 
Para logralo, poñerase en marcha unha bolsa de ideas de comercialización de produto co obxectivo de convertelas en iniciativas comerciais viables. Tamén se activará un programa piloto de innovación en formatos comerciais pop up, e axudas para modernizar a imaxe dos establecementos comerciais, os centros comerciais abertos e as prazas de abastos, nas cales se impulsará, ademais, a creación de espazos comerciais multifuncionais en que teñan lugar actividades complementarias, como demostracións culinarias, catas ou cursos de cociña. Tamén se creará unha Rede de Mercados Excelentes.
Dentro deste segundo eixe do plan, preto de 1.000 comerciantes e artesáns galegos benefícianse das axudas por máis de tres millóns de euros que vén de conceder a Consellería de Economía e Industria dentro do programa para impulsar o “smart commerce” e o comercio en liña, no cal obtiveron tamén apoios cinco federacións e asociacións do sector comercial e artesán. Con estas axudas, cofinanciadas con fondos Feder, impulsaranse 450 proxectos de novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o comercio on line e o off line.
Ademais, cos apoios que vén de conceder a Consellería de Economía e Industria desenvolveranse preto de 400 iniciativas centradas na implantación de ferramentas que melloran a xestión do negocio e o deseño dos seus produtos ou no desenvolvemento e implantación de novos sistemas de “packaging” e etiquetado; así como no desenvolvemento de novos produtos. Por outra banda, promoveranse máis de 1.000 proxectos centrados no acondicionamento de locais comerciais e na mellora da imaxe exterior e a adquisición de moblaxe e equipamento. 

Comercio excelente
O terceiro dos grandes retos do Plan é a potenciación do comercio excelente. Entre as medidas que se recollen destacan a activación de axudas para o desenvolvemento de campañas de dinamización comercial e a potenciación de sistemas de fidelización. 
Tamén se poñerán en marcha actuacións encamiñadas a potenciar un comercio sustentable, implicado coa eficiencia enerxética e a preservación do ambiente e novos servizos aos clientes como ludotecas, espazos infantís e salas de lactación nos centros comerciais abertos.

O comercio galego reinvéntase con novas ideas e servizos aos consumidores

Te puede interesar