A Xunta aproba a reparación inmediata da cuberta do Agra

A Xunta aproba a reparación inmediata da cuberta do Agra
O pavillón pode usarse parcialmente gracias ás reparación xa feitas nas zonas danadas por parqué | aec

A Secretaría Xeral para o Deporte ven de acordar a execución inmediata das obras de reparación da cuberta e do pavimento do pavillón do complexo deportivo Agra I, tras anunciar o 22 de xaneiro a urxencia destas actuacións.
Deste xeito a UTE concesionaria reparará de xeito inmediato os danos ocasionados pola cicloxénese explosiva ‘Ana’ que azotou Galicia o pasado 10 de decembro. As filtracións da cuberta provocaron o deterioro da tarima, que non permite a realización de actividade deportiva con normalidade. Esta situación afecta gravemente ao uso por parte dos usuarios do complexo, aos clubs e federacións así como aos alumnos do IES Agra do Orzán.
Dada a urxencia e gravidade da situación, a sinatura deste acordo permite a execución directa das obras quedando a expensas dos conseguintes permisos e licencias municipais necesarias para a execución das mesmas.
As obras terán unha duración de dous meses e medio aproximadamente e consistirán na substitución completa da cuberta, así como na substitución parcial da tarima, vernizado e lixado da mesma. Xa se levaron a cabo reparacións menores das zonas danadas do parqué, permitindo así o uso parcial do pavillón.

A Xunta aproba a reparación inmediata da cuberta do Agra

Te puede interesar