Vázquez: “Xogaremos once finais seguidas nun mes e os nosos resultados dirán onde estamos”

Vázquez: “Xogaremos once finais seguidas nun mes e os nosos resultados dirán onde estamos”
Vázquez, con la mascarilla, durante un adestramento | rcd

Fernando Vázquez é sabedor de que o Deportivo retoma este domingo no encontro ante o Sporting de Gijón o camiño cara a permanencia, no que agora mesmo hai moitos equipos impricados.

O de Castrofeito non esconde a súa confianza en alcanzar o obxectivo da continuidade en Segunda división, aínda que non quiso desvelar por onde pasan os seus números.

1. As contas para acadar a meta 
“Vexo ben as contas, esto non é unha competición nova, temos que pensar de onde viñamos e onde estamos. A situación de partida, ó inicio na primeira etapa cando cheguei ó Depor e agora, estamos igualados e temos posibilidades nestos once partidos”, indicou convencido Vázquez.

“Teño na cabeza os números, pero non os vou a comentar, son 11 partidos que temos que gañar. Xogaremos once finais seguidas, rápidamente nun mes e os resultados dirán onde nos vamos clasificar, pero penso que e salvación, se antes o creía, agora estou plenamente convencido de que sí será”, declarou.

2. Crítico co calendario de encontros
O Deportivo terá que desputar catro partidos en dez días, o primeiro este domingo ante o Sporting de Gijón no Abanca Riazor e xogará o segundo, ante o Oviedo, con menos descanso co seu rival, que competirá o venres.

Todos estes feitos amolan a Vázquez, que cree que estes horarios están perxudicando a competición. “Xogando o que nos estamos xogando e con catro partidos en dez días cóstame entender o por qué. Vulnérase a competición. Non hai cor co descanso do Oviedo e o noso. Despois de dez días podes meter máis carga de traballo, pero nós xogamos catro encontros nos primeiros dez días e, as veces, sen chegar ás 72 horas entre un e outro”, remarcou.

Admite que son “o equipo cun promedio de descanso menor na Segunda División” e recoñece que é algo que lle “parece grave”. 

3. A favor de que haxa cinco trocos
O de Castrofeito, doutra banda, respeta que agora poidan facerse cinco trocos, atendendo as especiais circunstancias nas que volve a competición.

“Estou a favor dos cambios, non só agora, xa o estaba antes e penso que é unha evolución imparable. O principio no fútbol non había cambios e foron introducíndose. Hai cicunstancias extraordinarias que piden esta norma”, indicou o adestrador branquiazul.

Asimesmo, admitiu que no caso do Depor “por sorte colleunos cun plantel amplio”, aunque él adoitaba ser máis partidario de menos efectivos. “Sempre digo que prefiro unha plantilla corta e poderosa que unha grande. Hai equipos que fixeron iso e agora saen perxudicados. Trocar as normas neste momento pode ser vulnerar e perxudicar a uns clubes e beneficiar a outros, pero é unha circunstancia excepcional”, precisou.

4. Altas e baixas de cara ó Sporting
Unha das baixas confirmadas que terá Vázquez no regreso a competición será a de Ager Aketxe, que estaba vivindo un bo momento, pero que perderase o encontro por unha lesión muscular no cuadríceps dereito coa que non querer arriscar.

“Aketxe está case recuperado, podería chegar o partido se quixéramos arriscar, pero imos a agardar”, expuso. 

O que sí está listo para xogar é o central Mujaid Sadick, que tamén se viu afectado por una lesión muscular, trala COVID-19. 
Vázquez dixo que o “único hándicap sería a falta de adestramentos nos últimos días”.  Ademáis podería debutar o defensa Abdoulaye Ba, recén chegado no estado de alarma: “A súa integración é casi perfecta y demostra unhas ganas de participar tremendas, algo moi importante”, dixo.

Vázquez: “Xogaremos once finais seguidas nun mes e os nosos resultados dirán onde estamos”

Te puede interesar