viernes 27/11/20

Vázquez: “A Klopp lle custou un ano construír o equipo”

O técnico indicou que leu unha entrevista ao adestrador do Liverpool na que este admitiu o que tardou en engranar aos xogadores e dixo que él quere gañar e convencer e precisa tempo
O adestrador do Deportivo falou da posibilidade de introducir cambios  | JAVIER ALBORÉS
O adestrador do Deportivo falou da posibilidade de introducir cambios | JAVIER ALBORÉS

O Deportivo é o líder do Grupo I de Segunda  B (o mellor dos dous subgrupos), pero recibe criticas polo xogo e as sensacións que transmite e o seu adestrador, Fernando Vázquez, pediu tempo para o equipo e puxo de exemplo ao Liverpool e o seu técnico, o alemán  Jürgen  Klopp.

“O equipo está en evolución. Estamos a tentar mellorar. Claro que non estou contento. Gústame gañar e convencer e que a afección se ilusione co equipo. Xogamos para a xente e á xente hai que producirlle satisfacción. A miña meta é gañar e que o afeccionado senta orgulloso, pero necesitamos tempo, é fundamental. Todos os adestradores necesitan tempo”, dixo.

1. Cousas do Liverpool e do Guijuelo
Na súa rolda de prensa telemática, indicou que recentemente leu unha entrevista a  Klopp na que este admitiu que lle “custou un ano construír un equipo como o ten actualmente”.

“Evidentemente, se pasa un ano e es derrotado constantemente, o adestrador saltaría. Creo que a nós fáltanos certo tempo. Hai que entendelo así”, declarou.

Vázquez precisou que non é que “queira xogar como  Klopp”, senón que o técnico alemán “tivo un problema parecido” ao que afronta o Deportivo, que non convence.

“Pola semana preparas unha obra de teatro, un ballet e na fin de semana é a representación. Á obra que vexo no terreo de xogo o domingo, posiblemente fáltalle máis ensaio, máis coordinación. Está a custarnos un pouco pero seguro que o equipo superará esa fase”, sinalou.

O Deportivo visita ao  Guijuelo co  hándicap de que xogará en céspede artificial. “O  Guijuelo é un equipo  tácticamente  súper correcto que domina todos os factores do fútbol, moi ben adestrado, que pon en problemas a todos os rivais no seu campo. É un equipo en todo o sentido da palabra. En Segunda  B todos son adestradores moi ben formados e que che poñen en problemas”, advertiu.  

Vázquez precisou que “o factor campo sempre hai que telo en conta”. 

“O equipo está acostumado a xogar dunha maneira e imos a un campo onde cambia bastante. Considero que un equipo que non está adaptado sufre, hai aspectos tácticos que desaparecen, os aspectos técnicos se igualan e é un partido máis no que o factor casual pode predominar. Imaxino un partido parecido ao de Unionistas. A ver se transcurre parecido”, dixo co recordo do triunfo grazas ao golazo de Héctor Hernández.

Sobre por que non se adestrou esta semana en herba sintética, Vázquez comentou que é unha superficie que sobrecarga e non hai estudios que avalen que traballar nela mellore a adaptación. “Así que pnsei que para que iamos sufrir dúas veces. Suframos no momento de xogar o partido. Agora, se perdemos en Guijuelo, sería unha crítica fácil”, dixo.

2. Posibilidade de introducir cambios
O adestrador baralla a posibilidade de introducir cambios. Recupera a Borja Granero, Boveda e Salva Ruiz e Borges xogou dous partidos coa súa selección case completos. 

“O tema de Celso faime pensar, incluso o tema de Granero porque o xeonllo a ver cómo reacciona nun campo máis duro. Pode complicarme a elección, pero é unha complicación positiva. Téñoos a todos e polo tanto é cuestión de facer de adestrador”, apuntou.
Ademáis de nomes, ten referencias porque xa e xogaron catro xornadas. “Agora podería tomar decisións xa. Catro partidos é un volumen suficiente para que todos os xogadores demostren o que poden dar nestes momentos. Estou mirando, estou vendo e agora si teño a libertade. Sempre a teño, pero póñome eu esa coartada de darlles marxe de confianza. Agora si podería facer algún movemento nese sentido”, sinalou.

Tamén inflúe o céspede artificial á hora de plantexar o partido. “Eso tamén é unha decisión que terei que tomar. Estbamos xogando dunha forma determinada, levar o balón a través da combinación de atrás hacia arriba e en algún aspecto pode modificarse. Podemos comezar intentando xogar e se vexo que non sae, cambiar. Todo eso está na miña cabeza, procuro adestrar aos equipos en diferentes variantes tácticas e estratéxicas e despois tomar a decisión”, relatou.

3. A valoración do parón do campionato
Sobre o parón, dixo quelle “puido vir ben” polos lesionados, ainda que non entende ter que parar. “Preferiría xogar agora todo seguido e descansar ao mellor antes da última fase. Pero as cousas están así e así as aceptamos”, indicou.

4. Regresa ao banco cinco meses despois
O adestrador do Deportivo regresará ao banco no campo do  Guijuelo despois de cumprir nove partidos de castigo polas tres sanciones da recta final da tempada pasada e solidarizouse co seu homólogo no Cádiz, Álvaro  Cervera. 

Ao preparador do conxunto gaditano castigáronlle con catro partidos polas súas declaracións tras o empate da quinta xornada ante o Granada no que se queixou dun penalti non pitado. Apelación suspendeu o castigo. “O que está a pasar co do Cádiz paréceme un atentado á liberdade de expresión, a liberdade de poder dicir unha opinión sobre unha arbitraxe”, manifestou.

Comentarios